xosé luís miguélez profile picture

xosé luís miguélez

xosé luís miguélez - esperanza

About Me

.....Conxuga a súa labor docente coa de intérprete, sendo considerado un dos máis destacados no panorama da música galega. Na actualidade é mestre no -Conservatorio profesional de música de Vigo- onde imparte as disciplinas de -Gaita Galega-, -Conxunto instrumental Gaita Galega- e -Iniciación ao Jazz-. No ano 2006 convertiuse no primeiro titulado superior en música tradicional galega polo -Conservatorio superior de música de Vigo-.......FORMACIÓN:Comeza a súa andaina no ano 1980 dentro da -Escola de Gaitas da Deputación de Ourense- co gaiteiro e artesán Manuel Brañas. Paralelamente cursa estudos de Linguaxe musical, Armonía e Frauta travesera no -Conservatorio Profesional de música de Ourense-, no ano 90 acada o “Diploma en Gaita Galega” polo plano de estudos do 66 no -Conservatorio Superior de música de Vigo- co mestre Carlos Núñez. Despois dun periodo de estudo autodidacta entra no -Conservatorio Mayeusis de Vigo- onde, da man do gaiteiro e compositor Ernesto Campos , titúlase en “Grao Profesional en Gaita Galega” na primera promoción do plano de estudos Logse (00-01). Con Ernesto Campos, realiza tamén cursos de “Arranxos e composición a xeito tradicional” na -Escola de música tradicional de Ourense- entre os anos 99 e 01. No ano 2002 consegue unha das tres prazas ofertadas na primeira promoción da “Titulación Superior en Instrumentos da música tradicional galega” no -Conservatorio Superior de música de Vigo- rematando os seus estudios neste centro no curso 05-06. Dende o ano 97 ven traballando paralelamente como saxofonista no ámbito do jazz e a música moderna, nestes intres finaliza os seus estudos entre as cidades de Londres e Oporto onde cursa a “Licenciatura en Jazz”” pola -Universidade de Porto- – Portugal dentro da -Escola Superior de música e artes do espectáculo IPP-. +info jazz www.myspace.com/xlmiguelez.....EXPERIENCIA COMO INTÉRPRETE:En canto a súa traxectoria como intérprete de Gaita, deuse a coñecer no “McAllan Trophy 89” celebrado en Lorient – Francia acadando a fase final para, un ano máis tarde e con tan só 17 anos de idade, gañar o “Concurso Fin de Siglo para Gaita Galega”. Ten pasado por numerosas formacións musicais entre as que podemos nomear, nos seus comezos, á -Banda de Gaitas da Deputación de Ourense- (82-91) sendo solista desta agrupación entre o 85 e o 91, á -Agrupación folclórica Castro Floxo de Ourense- (88-90) ou ó grupo folk -Mutenrohi- 94-95, posteriormente forma parte, entre outros, do -Alberto Conde grupo- 97-03, tamén foi artista convidado na estrea da obra sinfónica -Sonidos de Bitácora-, e gaiteiro e saxofonista na xira organizada polo Xacobeo 04 na -Tribus band-. Asimesmo, durante todo este tempo fai máis de unha ducia de gravacións discográficas con diferentes proxectos musicais, esta páxina presenta o seu novo traballo musica coa editorial Dos Acordes, un CD que recolle a gravación ao vivo do primeiro concerto de fin de carreira baixo o título de “Esperanza”.Coa mesma editorial é un dos coordinadores da revista galega especializada en etnomusicoloxía -Etno-Folk-. Por último, destacar a recente publicación do Volume I dos “Estudios para Gaita Galega”, un traballo didáctico para a aprendizaxe do instrumento dentro da serie “Cadernos de Gaita Galega”..............

My Interests

Music:

Member Since: 9/27/2007
Band Website: xlmiguelez.com
Sounds Like: ....gaitas, xosé l miguélez, rafa crespo, david bellas piano, pablo diago, zanfona, paulo gonzález, percusión e vibrafono, lucía martínez, grupo anacos de buxo: pedro álvarez – gaita, xurxo fernández – gaita, ramón corral – tamboril, alex covelo – bombo.... ....gravado en: auditorio david russell novembro 2006 editado por: dos acordes técnico de són: xoan carlos fasero deseño gráfico: pedro telmo rodríguez & paula solveira....
Record Label: Dos Acordes
Type of Label: Indie