About Me
CAMBIO DE FORMACIÓN NO GRUPO BERROGÜETTO
Berrogüetto despÃdese de Guadi Galego, cantante e gaiteira do
grupo durante 10 anos, e da a benvida a Xabier DÃaz.
Despois de dous anos da xira 10.0, celebración do seu décimo
aniversario, Berrogüetto empeza este 2008 con cambios na súa
formación. O xa por todos coñecido Xabier DÃaz, pasa a formar
parte da banda como vocalista, ademáis de gaiteiro e
percusionista. Berrogüetto afronta asÃ, un ano cargado de
proxectos e comeza a pensar no seu quinto traballo discográfico.
A banda quere agradecer públicamente a Guadi os anos adicados
ó grupo, a súa voz, as súas composicións, a súa compañÃa e
amizade… Grazas.
------------------------------------------------------------
--------------------------------
CHANGES IN BERROGÃœETTO Berrogüetto says goodbye to Guadi Galego, singer and piper of the band during the last 10 years, and welcomes Xabier DÃaz. After two years of 10.0 tour, celebration of the tenth anniversary, Berrogüetto begins this 2008 with changes in the band. Well-known Xabier DÃaz, enters the band as new singer, piper and percussionist. Berrogüetto starts a new year full of projects and begins to work on the fifth record. The band wishes to thank Guadi years of dedication to the group, her voice, her compositions, her company and friendship... Thanks for all.
------------------------------------------------------------
--------------------------------
Nun prazo moi breve de tempo, sen abandonar a súa sensibilidade inicial, Berrogüetto converteuse nunha das bandas de world music máis importantes do mundo. Unha das marcas galegas que funcionan no mercado internacional conservando a paixón pola tradición musical galega e, a un tempo, pola contemporaneidade, as dúas caras dunha mesma figura nun mercado global onde perigan as diferencias culturais.
Contra esa tendencia, Berrogüetto segue ofrecendo música galega feita desde Galiza, cun radio de acción que transcende as nosas fronteiras. Hoxe, a música de Berrogüetto, co selo de sempre -diversidade e homoxeneidade, unha das cousas máis difÃciles de conseguir nunha banda- ten cabida en calquera escenario do mundo.
En 1996 aparecÃa na escena musical o primeiro disco de Berrogüetto. NacÃa asà a traxectoria dunha banda innovadora, con ideas diferentes e planeamentos orixinais.
Navicularia (Boa 1996), o seu primeiro álbum, foi un éxito entre a crÃtica (Premio da asociación da CrÃtica Alemana do Disco en 1997, compartido con Ry Cooder, mellor disco de world music; Premio ‘Eiserner Eversteiner’ en 1998, mellor grupo folk europeo, concedido pola asociación alemana de world music â€profolkâ€; Premio Ideal en 1997, ó grupo revelación) e o público. Con coidado e sensibilidade, dun xeito discreto, o seu discurso sorprendÃa a todos.
Comezaron entón as actuacións por festivais e as xiras internacionais por Galicia, España, Portugal, Alemaña, Francia, Reino Unido, confirmando a vitalidade e o prestixio dunha banda galega que se convertÃa en moi curto tempo nun dos grupos de “world music†máis importantes do mundo.
Viaxe por Urticaria (Boa 1999), esperado segundo disco, alongaba e corroboraba a enerxÃa creativa da música de Berrogüetto. Este álbum, que coñeceu varias edicións internacionais, sorprendeu, ademais, pola imaxe gráfica da portada: unhas fotografÃas onde podÃa verse ós músicos cubertos de lama, impregnados de terra, metáfora da alternancia entre tradición e contemporaneidade, un dos propósitos musicais esenciais do grupo. Recibiron nese ano, o “Premio Luarâ€, ó mellor álbum folk do ano, e tamén un premio “AGAPIâ€, pola banda sonora da pelÃcula “La Rosa de Piedraâ€(Manuel Palacios, 1999).
Do mesmo xeito, o borrador de Hepta (Boa 2001) ten como xerme un planeamento ideográfico. Arrinca da reflexión e o xogo co número máxico hepta (número sete en grego): sete son os músicos, sete as notas musicais, sete os colores, sete as belas artes...
Por iso, para Hepta contouse con colaboradores doutras disciplinas artÃsticas como é o caso de George Rousse, coñecido artista contemporáneo francés cunha técnica de traballo que mestura arquitectura, pintura e fotografÃa. Hepta é unha combinación de distintas artes, unha intervención combinada de artistas que ten contado, ademais de George Rousse, con outras moitas aportacións, como foi o caso da especial colaboración do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
Durante unha semana George Rousse interveu un dos históricos edificios das centenarias fábricas de cerámica de Sargadelos (Lugo), complexo fabril creado en 1791 polo ilustrado Antonio Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos, e que constitúen un exemplo único da revolución industrial en España, nas que o grupo viviu, dÃa a dÃa, a experiencia creadora.
Asà mesmo, en Hepta contouse coa colaboración de músicos internacionais: Jivan Gasparian (Armenia) que toca o Duduk, un instrumento de vento cunhas cualidades semellantes ás da voz humana; Markus Svensson (Suecia) aporta o Nyckelharpa, un antigo instrumento tradicional sueco de teclas e cordas que se asemella a un violÃn e Kalman Balogh (HungrÃa) interpreta o Cimbalom o orixinal instrumento tradicional dos Balcáns. Kin GarcÃa, toca o contrabaixo e o baixo eléctrico; Xabier DÃaz, pon a súa voz e LuÃs PalacÃn toca a harmónica.
Debemos destacar que tamén o seu terceiro traballo discográfico conseguiu os favores da crÃtica, e os levou a recibir de novo o “Premio da Asociación da CrÃtica Alemana do Discoâ€no 2001 (mellor disco de world music), e o “Premio Opinión†2001 (mellor disco folk), pero tamén a ser finalistas dos “Premios de la Música†da “Academia de las Artes y la Ciencias de la Musica†do 2001(mellor álbum en Galego) asà como dos Grammy Latinos 2002 (mellor disco folk).
O seu 4º disco que coincidiu co seu Décimo Aniversario, puxo á banda a espremer ó máximo a súa creatividade, para ofrecer a todos aqueles que gozan da súa música, o mellor de si mesmos: “queremos estar á altura das persoas que fixeron súa a música de Berrogüetto durante este tempo, facendo un traballo redondoâ€.
10.0( Berro Guetto Música 2006), o disco máis coral de Berrogüetto –dúas composicións por artista-, autoeditado enteiramente e sen colaboracións, reflicte a evolución persoal de Berrogüetto como factorÃa de ideas e a propia duns músicos que sempre rexeitaron producir por producir. Anxo Pintos (zanfonas, saxo, frauta, teclado, duduk, gaita e violÃn), Guadi Galego (voz e gaita), Quico Comesaña (bouzouki, mandolina e harpa céltica), Santiago Cribeiro (acordeón), Quim Farinha (violÃn), Guillermo Fernández (guitarra acústica e guitarra eléctrica) e Isaac PalacÃn (baterÃa e percusións) presentan agora ao público a súa intimidade, sen demasiadas palabras arredor da música.
Un traballo optimista, que aborda - coma sempre - os problemas do mundo e que soa galego… para calquera oÃdo do mundo. É o traballo máis acústico da banda, con viaxes evocadoras (Cracovia-Brest) e apostas influenciadas pola música contemporánea, desde o jazz ao pop.
A aposta estética da banda segue transcendendo a música e apoiándose en case todas as disciplinas converxentes. O deseñador galego Fernando Lema, autor da imaxe do disco, substitúe en 10.0 ao célebre Georges Rousse, o artista francés responsábel do concepto Hepta. As fotografÃas son de Karlos Abal.
Tras un primeiro ano de xira con un rotundo éxito, o espectáculo 10.0 continua en 2007 levando o “son Berrogüetto†por todo o mundo e reafirmando ó seu directo como unha baza de tan impoñente calidade como o seu traballo en estudio, que xa foi honrado con numerosos galardóns, entre eles e novamente, o “Premio da Asociación da CrÃtica Alemana do discoâ€, o “ Premio Opiniónâ€, e unha candidatura nos “Premios De La Música†da “Academia de las Artes y las Ciencias de la Musica†do 2006.
Coma sempre a súa proposta vai máis aló dun conxunto de cancións pois conforman un grupo preocupado por que a sociedade global non remate coa riqueza que supoñen as diferencias culturais. A fórmula para que Berrogüetto vaia acadar dez anos, non só cos favores da crÃtica e o público, senón cun bo número de proxectos fervendo na cabeza, está no seu talento á hora de compoñer, pero tamén na filosofÃa que rodea ó seu traballo.
------------------------------------------------------------
--------------------------------
Always with proposals that go forwards than a set of songs, the musicians of Berrogüetto approach their 10 years of existence as lucky people who do what they like. They are a band concerned about the fact that global society does not stop the wealth that suppose cultural differences. The secret of these ten years, the favour of media and audience, and a great number of projects in mind. They are a factory of ideas mixing the music with other arts, looking for innovating sonorous elements.