Tres peixes voando profile picture

Tres peixes voando

About Me

12-XUÑO-2008 PREMIOS NACIONAIS DA CULTURA GALEGA Este sábado 14 de Xuño, Xabier e Guille actuan dentro da gala de entrega dos Premios Nacionais da Cultura Galega xunto con Pedro Lamas (saxo) e Kin García (contrabaixo). A gala será retransmitida pola Televisión de Galicia a partires das 23.15 horas, e o tema a interpretar, unha versión dunha canción de Luis Emilio Batallán con texto de Curros Enríquez (no centenario do seu pasamento) chamada "A Rosalía". ------------------------------------------------------------ ------------------------------ Os Tres Peixes Voando comenzan horario de verán, os Sábados ás 18.00 e os domingos ás 23.00 na Radio Galega Música e os Domingos ás 21.00 horas na Radio Galega convencional. ------------------------------------------------------------ ------------------------------ Un marraxo, unha xarda e un bacallau, tres peixes que voan dende os mares galegos coas músicas do mundo. Dúas voces e unha guitarra de máxima actualidade na música galega: Ugía Pedreira, Xabier Díaz e Guillerme Fernández. Un programa da Radio Galega Música, cancións de autores do "planeta musgo" e dos planetas veciños e lonxanos. Todos os sábados de 18.00 a 19.30 horas, e os domingos de 23.00 a 00.30 horas. Tamén nos podes visitar no noso site www.trespeixesvoando.com para enterarte dos contidos dos programas, ver as fotos cos nosos convidados ou escoitar as cancións que cantamos ao vivo. Para contactar con nós, escribe a [email protected]. Ademáis, dende xaneiro ate abril percorreremos moitas vilas galegas nunha xira na que levaremos aos escenarios as cancións que versioneamos no programa: versións de grandes clásicos populares en galego, portugués, español, inglés, francés ou italiano. Podemos escoitar na guitarra de Guille e nas voces de Xabier e Ugía, a Caetano Veloso, Djavan, Lenine, Paolo Conte, Pedro Guerra, Henri Salvador, Misia… e tamén a canción galega dos anos 70, a movida viguesa dos 80 ou a nova composición dos 90.

My Interests

Music:

Member Since: 3/13/2007
Band Website: trespeixesvoando.com
Band Members: ugía pedreira/ xabier díaz/ guillerme fernández
Record Label: unsigned
Type of Label: None