OS AGUCIOS profile picture

OS AGUCIOS

aguciosvilelos

About Me

Unha tradicción Castrexa con moitos anos de antiguidade e un grande interese cultural por ser un dos poucos sitios de Galicia onde se conserva o folión "de véspera" como tal, para anunciar que van a escomezalas festas parroquiais, con un ritual de lume e música que durará ata ben entrada a madrugada!!Durante os meses de vran haberá que recoller agucios, que son unhas plantiñas que nacen na primaveira pero non se poderán coller ata que estén ben secos, e eso será aló polo mes de Agosto. Logo de varios días a captura destes ... habera que facelas fachas que serán as encargadas de amenizala festa, faranse o máis grande posible posto que elas decidirán cando remata a troula pois .... namentres haxa lume hai festa!!!! (polo menos cando non había ainda luz electrica). Tamén se farán fachas máis pequenas pois haberá que subir a "cima" do Castro da parroquia dende o cal se avisa a toda-las parroquias cercanas de que imos estar de festa pois seica se ve dende, polo menos, 7 parroquias o redor, asique estades todos invitados a visitar este folión que ben seguro vos fara vivir momentos ben inesquencibles ...

My Interests

I'd like to meet:

ESTE ANO IMOS TENTAR RECUPERA-LO CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL QUE FOI UN ÉXITO NAS SÚAS ANTERIORES EDICIÓNS... Se tes un grupo de gaitas, pandereteir@s, baile, etc ... vaite poñendo en contacto con nos, ó mail [email protected]

Music:


POR ESTAS DATAS OS AGUCIOS...


ESTÁN NA FLOR!!!