Rubén Troitiño profile picture

Rubén Troitiño

Rubén Troitiño

About Me

Rubén Troitiño nace o 6 de Febreiro do ano 1988. As súas primeiras nocións de gaita foron da man do seu pai José Luís Troitiño, e as primeiras de música, no ano 1993, da man do mestre Avelino Alberte Fírvida (sobriño de Avelino Cachafeiro), en "Os gaiteiros de Soutelo", grupo feito na honra de Avelino, onde aprendeu gaita galega, percusión tradicional e linguaxe musical. Neste grupo estivo ata o ano 2000, no que se desfixo esta formación. Entre os anos 1995 e o 2000 estudou na academia de música "Anacrusa", en Vigo, nas modalidades de piano, técnicas vogais e linguaxe musical. Ao ano seguinte, 2001, entra no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, na especialidade de Gaita Galega. Aparte de gaita, tamén toca outros instrumentos coma a percusión tradicional, dende o 1995, o clarinete, que o empeza a estudar no ano 2005 ou o saxofón, tanto o alto coma o soprano, dende o 2006. A súa formación complementouse con mestres como Juanjo Fernández, Juan Casalderrey...

Na actualidade cursa 3º de Grao Profesional (LOE), no departamento de instrumentos antigos e tradicionais, especialidade de gaita galega no Conservatorio Profesional de Música de Vigo. É membro da "Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo” onde da clases de gaita e percusión dende o ano 2006, e onde tamén toca a gaita, o clarinete e o saxofón (alto e soprano) dende o ano 2000. Pertence tamén a “A. C. F. O Fiadeiro” dende o 2007 onde toca na "Charanga O Fiadeiro”, sendo o seu saxofonista e colaborando como gaiteiro e percusionista. Tamén toca no cuarteto de gaitas tradicionais “O Rapacarallas" de Vigo, coa súa formación no ano 2007.

Tamén compre dicir que é colaborador no libro que se vai editar dentro de pouco sobre as bandas de música de Cerdedo, que levará por título "As Bandas de Música de Cerdedo", do autor Manuel Campos Toimil.

Concursos e premios

Finalista e 4º Posicion no "IX Concurso de música tradicional Avelino Cachafeiro" coma gaiteiro solista (2007).
Finalista do "I Concurso de cuartetos tradicionais" organizado pola A. C. A Mámoa, co cuarteto de gaitas tradicionais "O Rapacarallas" de Vigo (2007).
2º Premio na categoría "Grupo Popular" no "51 Certamen Nacional de Acordeón", organizado pola "Asociación Galega do Acordeón", cun dúo de gaita galega e acordeón, con Roberto Comesaña (2008).

Colaboracións

Os Chupacabras" de Viveiro coma percusionista (2006).
Grupo de música folk "O Regato de Matamulleres" da Estrada coma clarinetista (2006).
"Grupo Tradicional de Danzas Noutrora" de Sárdoma (Vigo) coma percusionista (2006/2007).
Cuarteto tradicional de gaitas "Axóuxere" de Vigo coma percusionista (2006).
Grupo de música tradicional "Foula" de Pontevedra coma saxofonista (2007).
"Pandeireteiras de Barro de Arén" coma gaiteiro (2004/05/06/07)
"Charanga Vai de Baile" do programa de televisión "Luar" da CRTVG (Compañía de Radio Televisión de Galicia) coma saxofonista (2007).
Asociación Veciñal e Cultural "Casco Vello" de Vigo co clarinete (2008).
"Asociación Folclórica Cantigas e Agarimos", de Santiago de Compostela, na Gala do 85 Aniversario, coma gaiteiro (2007).

Descarga o currículum compreto

Web: http://www.rubentroitino.es/
E-mail: [email protected]

Fotografías de Rubén Troitiño


Fotografías Amigos de Rubén Troitiño


"O Rapacarallas" de Vigo


"Os Abrentes" de Cerdedo


"O Fiadeiro" de Vigo


My Interests

Music:

Member Since: 2/24/2008
Band Website: rubentroitino.es
Type of Label: None