Diego Maceiras profile picture

Diego Maceiras

Diego Maceiras

About Me

As súas primeiras andainas na música foron con tan só 4 anos, formando parte da Banda de Gaitas "Airiños de Fene", da que segue formando parte hoxe en día, coa que consegue premios importantes no mundo da gaita (Con Música Propia, Televisión de Galicia, 1996 o certámen de grupos e bandas de gaitas (Betanzos, 1997) ademáis de percorrer a meirande parte da xeografía galega e de aparicións tan importantes no exterior como o Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña francesa 1999, 2001), Folk Segovia (2001), Expo 98 en Lisboa (Portugal). DiegoTamén participa como músico nas máis de 15 edicións das 'Xuntanzas de Gaiteiros' que organiza a propia agrupación. Como broche de ouro no ano 2001 é partícipe na gravación do seu primeiro traballo discográfico "Identidade".Cursa no conservatorio de música profesional de Ferrol na especialidade de clarinete rematando o grado elemental.Acordeonista desde os 11 anos, iníciase baixo as ensinanzas do gran mestre fenés Manuel Cociña. Complementa a súa formación con mestres de renome coma Roberto Grandal, Xavier Díaz, Emilio Muñiz e tamén con prestixioso e laureado Oleg Sharov.Membro fundador do grupo "Venela", onde xa coincide con Daniel. Segue a súa andanza musical, esta vez uníndose como compoñente do xa desaparecido grupo "Rumbadeira", á par que combina a faceta de compostitor e arreglista do grupo folk "Eiravedra". Formou parte do grupo "Fiúncho", co que amenizou un montón de festas e celebracións. Tamén participa no grupo de música infantil "Mamá Cabra", co que participou na gravación dos seus tres discos ("Cantos Rodados", "Cantando comigo", e "Tan só con leres un libro") e na publicación de dous libros , ademáis de desempeñar unha importante faceta didáctico-musical con nenos e nenas de curta idade. Na primavera de 2006 recibe con este grupo o Premio da Música á mellor canción en galego por "Tan só con leres un libro".Dende 2005 forma parte do dúo de gaita e acordeón ‘ BellónMaceiras' co que publica o disco ‘Unión das Terras' despois dun exitoso 2006, sendo gañadores do certame Radio Obradoiro, Runas do Festival de Ortigueira , e con máis de 40 concertos ás súas costas por diversos puntos da xeografía europea tales como Festival de Lorient (Bretaña), Festival de Ortigueira (A Coruña), Festival dos Xogos Náuticos en Cornwall (Reino Unido), Festival de gaiteiros en Ordino (Andorra) así como nos centros galegos de Ginebra (Suiza), Barcelona, Madrid, Móstoles.....entre outros. En decembro de 2007 tamén se desplazaron a América, onde ofreceron un concerto en Newark (New Jersey, Estados Unidos). Na actualidade esta formación convive co proxecto ‘ BellónMaceiras Quinteto '.Compre destacar tamén a labor de Diego coma músico compositor, posto que en tódalas agrupacións nas que participa colabora co seu repertorio e con temas da súa propia autoría, e tamén é compositor das sintonías da programación de "Radio Fusión".Actualmente segue coa súa formación no Conservatorio Superior de Música de Oviedo na especialidade de acordeón co profesor Diego González.

My Interests

Music:

Member Since: 1/5/2008
Band Website: bellonmaceiras.com
Sounds Like: BellonMaceiras Quinteto en Boiro - Xudías RusasBellonMaceiras Quinteto en Boiro - LicantropíaFiúncho no Coliseo - Bok Espok (Kepa Junkera)BellonMaceiras Quinteto no pub Dublin - LicantropíaGonzalo de Vallejo e Diego Maceiras en Oviedo - AmelieVideoclip de BellonMaceiras Dúo - Outeiro VerdeRecopilación fotos de Papigil cos temas de BellonMaceiras Dúo - Once por Catro e PontesampaioBellonMaceiras + Alex Blanco en Ortigueira 2007 - PontesampaioBellonMaceiras Dúo no Jofre (Ferrol)BellonMaceiras Dúo no Jofre (Ferrol)BellonMaceiras Dúo no Jofre (Ferrol)Show de marionetas acordeonistas de Lejo
Record Label: Phonos
Type of Label: None