CD "sÓ sOn sOns" from 2uS (dous) available at: www.trastenda.com
Fernando Abreu ---
Vigo 1967 ------------------------------------------------------------
-----------------------------------Músico titulado en clarinete polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, e especializado na interpretación de clarinetes históricos polo Koninklijk Conservatorium de A Haia (Holanda) e en Música Tradicional Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. ---Ao longo da súa trayectoria profesional ten traballado no Taller Instrumental do CGAC de Santiago de Compostela, Orquesta Sinfónica de Tenerife, Orquesta Barroca de Sevilla, Estil Concertant de Valencia, entre outros, tanto na interpretación de música clásica, contemporánea ou con instrumentos de época.
---
Membro do Cuarteto Caramuxo co que reinterpreta a música popular dun xeito diferente e co cal ven de ser galardonado co premio do Concurso Folc Cancioneiros da Fundación Barrié , do dúo 2uS xunto ao guitarrista Pablo Carrera e de O.M.E.GA. (Orquesta de Música Espontánea de Galicia), tamén formou parte do grupo de música tradicional Xistra de Coruxo e ademais colabora con Mercedes Peón nos discos Isué, Ajrú, e Sihá e como membro da súa banda dende o ano 2007, e outras colaboracións cos grupo Dr. Harapos e Es Un Ãrbol .
---Ten participado en traballos discográficos dos grupos Dr. Harapos, Sete Saias, Xistra de Coruxo, Batuko Tabanca, A Sra. Carmen, no proxecto Operación Can e como clarinetista e profesor de música no proxecto Meniños Cantores de músicas de Galicia e Portugal interpretadas por alumnos de centros de ensino galegos e portugueses.
---
Nos últimos anos Fernando Abreu desarrolla unha intensa actividade como compositor e interprete de música para teatro participando nos espectáculos “A Paz do Crepúsculo†de TalÃa Teatro, “GarcÃa†de Teatro do Adro, “OFF†de A Última Rata, “Tentacular†de Chevere e tamén en “Vento Mareiro†de Avelino González e o Cuarteto Caramuxo (polo que reciben o premio Maria Casares de Teatro á mellor música orixinal) , e “O CalcetÃn amarelo†tamén co Caramuxo e TÃteres Cachirulo, espectáculo didáctico para nenos incluÃdo nos concertos didácticos e concertos en familia da Orquesta sinfónica de Galicia.NEW FREE DOWNLOAD CDwww.alg-a.org