CORISCO: Augaceiro, golpe de vento frÃo con chuvia ou pedrisco, chuvasco
pasaxeiro, refolada de mal tempo...
Corisco é unha Asociación fundada en xullo de 1987 co obxectivo de dar saÃda ás inquedanzas dos fundadores de entón, impulsados por Pablo González, que ten como fin gozar do que fai e enxalzar o folclore galego en toda a súa magnitude. Conta con dúas seccións fundamentais: a de baile e a de percusión. O corazón desta Asociación é Pablo González, pero o motor e pulmón é o grupo de danza, que está formado aproximadamente por 35 persoas, sen as que Corisco non serÃa nada. As actuacións do grupo de danza, dependendo das caracterÃsticas do lugar onde se realice a actuación, conta cun número de bailarÃns que oscila entre as 5 ou 8 parellas mixtas, e tenta reflectir en todas elas o traballo que levan ó cabo durante o ano, nas horas de ensaio e investigación do noso folclore.
Corisco é un grupo de amigos, que teñen en común un mesmo desexo: gozar cos bailes, a música e todo aquilo que teña relación co folclore de Galicia. Alén disto, despois de queimar as nosas horas de lecer en algo tan bonito, tentamos que a nosa representación final sobre un escenario sexa o máis digna posible e á súa vez do agrado de todos os que gozades coas nosas actuacións.
Corisco irá por onde nós o levemos e por onde vós, cos vosos aplausos e crÃticas, nos deixedes. Iso si, sen decaer e pasándonolo da mellor forma posible, que tamén se trata diso. Nestes anos que levamos involucrados no mundo do baile, música, traxes, etc., fomos subindo banzos ós poucos, respectando a todo o mundo e dándonos a coñecer tal e como somos, sen ningún afán de protagonismo, e ascendendo ata onde nos atopamos neste momento. Seguiremos traballando para non caer e, se pode ser, seguir ascendendo
O noso repertorio contén un amplo abano de ritmos, bailes e danzas da nosa terra, e nas nosas actuacións tratamos de amosar as distintas correntes interpretativas existentes na rexión galega, dende as máis sinxelas coreografÃas ata as máis complexas, pasando polos movementos máis arraigados como son as rodas e as táboas.
"Muiñeira", "Muiñeira de Rodas", "Muiñeira para Navia", "Muiñeira de Serán", "Muiñeira de GuÃa", "Muiñeira Lenta", "Muiñeira-Jota", "Jota de Aspas", "Jota Nova", "Jota de Serán", "Jota", "Foliada", "Fandango", "Ribeirana", "Pandeiro", "Panderetada", "Patelas", "Vals", "Pasodoble", etc.
Corisco conta dende o ano 1996 cun grupo de pandereteiras propio formado por rapazas que aprenden a tocar a pandeireta, aÃnda que tamén dominan outros instrumentos de corte tradicional como o pandeiro, a lata, as cunchas, fouciños, sachos, piñas... O seu repertorio está composto por máis de 40 cancións aprendidas dos nosos vellos, como as muiñeiras, xotas, pasodobres, cantos de reis, etc... Tamén se acompañan algunhas delas con gaita.
O grupo de pandereteiras, dependendo da época do ano, varÃa na súa formación (de 10 a 20 compoñentes).
Esta Asociación conta tamén, como non, cun grupo de gaitas que a acompaña nas súas actuacións e que, á parte das pezas que emprega para os distintos bailes do grupo de danza, posúe o seu propio repertorio para ofrecer concertos en solitario.
Para nós é importante reflectir a riqueza e peculiaridades da forma tradicional de vestir de Galicia, e mostrar as variantes que está a experimentar a nosa comunidade. Deste traballo despréndese a colaboración que todos os anos se realiza no DÃa da Exaltación do Traxe Tradicional Galego, asà como a Mostra do Traxe Galego que se celebra na Cidade de Vigo, cedendo indumentaria para as mesmas.
No noso vestiario incluimos distintos traxes de zonas de Galicia, e vai dende os traxes máis ricos de gala ós traxes de diario da zona rural ou da zona mariñeira.
Ó longo destes anos levamos percorridos unha gran parte dos festivais máis importantes que se celebran na nosa penÃnsula, e tamén noutros paises, e levamos por todos eles unha representación digna do noso folclore, que sempre foi do agrado dosorganizadores destos festivais, como asà nolo fixeron saber.
Estivemos en Xixón, Avilés, Tapia de Casariego, Valladolid, Albacete, Alacante, Murcia, AlmerÃa, Cidade Real, Bretaña francesa etc. Asimesmo, percorremos moitos festivais que se celebran en Portugal dende a zona centro ata o norte.I edited my profile with Thomas Myspace Editor V4.4 (www.strikefile.com/myspace)