Neste primeiro proxecto de PEL de NOZ, traballamos cun violÃn, un contrabaixo e un acordeón, sobre repertorio tradicional vocal galego.Entre os cancioneiros preferidos ou preferentes nosos, de onde quitamos a materia prima do noso repertorio, están desde o coñecidÃsimo Cancionero Musical de Galicia, de Castro Sampedro, ata a mellor narración musical da historia do canto en Galiza, o Cancioneiro Popular Galego, de Dorothè Schubart (desafortunadamente un cancioneiro infrautilizado e estudado).A perspectiva é procurar cociñar estes alimentos dun xeito diferente, non melloralos, (iso serÃa bastante inconsciente). Este primeiro menú quixemos adobalo cunha música na que os tres coincidimos en respecto e admiración. É por iso que Pel de Noz ten tamén (aÃnda que máis quizais na intención que na execución) un aderezo jazz.
ENTROIDO-CONCERTO no café MIUDO