Este grupo naceu da xuntanza dun acordeonista e un violinista na busca dun proxecto común.
O acordeonista, Alonso Barreiro Caxade, cunha ampla experiencia e un grande futuro por diante, está a traballar con outros grupos como Caramuxo ou levando a dirección musical de "Galiza Século XXI", un interesante proxecto de música e danza.
O violinista, Pablo Camarero Pérez, con un longo pasado musical, na actualidade non se adica profesionalmente á música. Tocou nos anos 80 con Limiar, co cantautor de Valdeorras Anxo Rei, a partir de 1986 como violinista na Orquestra de Santiago, e coa Xoven Orquestra de Galiza na que participou en dous proxectos, un dirixido por Joam Trillo e outro por Fernando Arias. Tamén foi membo do grupo "A Quenlla", co que ten dous discos gravados ("Európolis 88" e "Máis alá da Néboa"). Posteriormente, fundou, xunto a Fiz Otero Espinar o grupo "Esfenoedro", no que compartiu soños con Abe Rábade. Tamén participou en "Carlos Lorenzo Grupo" xunto a Eliseo Zaera, Cabe e Carlos Lorenzo.
Ao longo do noso periplo (curto, porque aÃnda non tocamos nunca), trabllamos cun percusionista, Ramón Dopico, que por cuestións persoais xa non está con nos, e cun contrabaixista, Alberto RodrÃguez co que seguimos compartindo soños musicais.
Somos pois un trÃo, e no noso primeiro proxecto, traballamos sobre música tradicional vocal galega, arranxada á nosa maneira e para a nosa formación que non é rÃxida. Non descartamos nun futuro contar con outros músicos noutros proxectos diferentes.A nosa música é gratis, pero ten condicións e son estas:
Esta obra está bajo una
licencia de Creative Commons .