Yellow Pixoliñas profile picture

Yellow Pixoliñas

"Plantemos Herba

About Me

Corría o ano 87 na Comarca de Lemos, ano no que O soviético Gari Kasparov foi campeón mundial de axedrez en Sevilla e a TV estrenaba "Mcgyver", ante tanta oferta cultural Tico, Ton, Tito, Xabier e Juan deciden formar Yellow Pixoliñas un grupo de Ró como se dí no Lemos. Pouco tempo despois Juan decide que o Ró Galego no é o seu así que entra a tocar como solista Manolo da Penela, máis coñecido como "Manolo distorsión", "o Noso Manolo" a vida rockeira de "o Noso Manolo" obligao a deixar o grupo pouco tempo despois por problemas de saúde.

Ante a marcha de "Manolo distorsión" a necesidades dun Guitarrista solista fan que fichen a Franki no ano 90 , pouco despois fichan a Thierry, a partir de ahí o grupo no para de tocar/compoñer/comer/beber.

No ano 92 fichan por Sons Galiza discográfica coa que graban o seus tres únicos discos:

"Galician People Speak Galego" (1992)

"Lacón Lover" (1994)

"Non pises a Herba" (1996)

A día de hoxe Tico, Xabier, Franki e Thierry siguen vinculados a diversos grupos é o mundo do Ró, Yellow Pixoliñas no voltou a tocar.

Declaración de principios por "Yellow Pixoliñas"

Plantemos Herba:

O leite que volve baixar,
A carne que é rubia de mais,
O viño axea e a augardente acabara
Declarada droga dura de consumo ilegal

Os pinos arden no verao
E as piras parecen sobrar
Os porcos tamen, por non se lavar
Reconvirtamos o sector,
Plantemos herba dabondo
Pero con denominacion

Os barcos non saen o mar
A terra os peixes sos non van
O progreso que chega ben podia marchar
Se non hai cartos
De que vale ter onde ilos gastar ?


Os carteis de algúns concertos nos primeiros Anos


My Interests

Music:

Member Since: 9/30/2007
Band Members:

Tico : Chouman/voz/maillot

Ton: Unha Guitarra/botella na cabeza

Franki: a Outra Guitarra/facer a tartaruga

Tito: 4 Cordas/síndrome tito/cervexa

Xabier: Batería/cowboy de medianoche

Thierry: Teclados festeiros/teleñequesis

GALICIAN PEOPLE SPEAK GALEGO

Producido por: Ezequiel Orol

LACÓN LOVER

Producido por: Alberto Torrado

XABARIN XA TE VIN (canción)

O HOME DA BICICLETA (canción)

O TELEXORNAL (canción)

NON PISES A HERBA

Producido por: J. Fernández Vieiros (Franki pixoliñas)




My Blog

Non pises a herba (As Letras)

NON PISES A HERBA1.Addy Stripped2. A motoserra3. Lucia4. Atados a la cama5. Na bodega6. La berenguela7. Si, Fodi8. Uh, Ah9. Se as cabras mexan porque as pitas non10. Pino pinaster11. Dalle co Sacho12....
Posted by Yellow Pixoliñas on Thu, 04 Oct 2007 02:39:00 PST

Lacon Lover (As Letras)

LACON LOVER 1. O galo vermello 2. Cagallós 3.Oh-Hanna 4. Mi barby y yo 5. Los domingos 6. Pataca`s Blus 7. Goodbye Carolina 8. Merda nunha zoca 9.- The Mary cas...
Posted by Yellow Pixoliñas on Thu, 04 Oct 2007 01:57:00 PST

Galician People Speak Galego (As letras)

GALICIAN   PEOPLE SPEAK GALEGO 1. Chiringuin in the rain 2. Telexornal 3. Mariluz 4. Churras pitas 5. Néboa na explanada 6. A moto minicross 7. O cobrador 8. A ...
Posted by Yellow Pixoliñas on Thu, 04 Oct 2007 01:17:00 PST