Esta nova banda, que nace evocando ó mÃtico filme realizado por Einsestein, móntase nos últimos anos nuns asteleiros da Grela, na Coruña, entre o fedor da gasolina e o ruÃdo infernal dun xerador. Un novo proxecto musical, que bota a andar con forma de barco todoterreo, con cualidades únicas como as de atravesar nun pis pas todo o que se lle poña por diante, (desertos, montes, mares...), de xogar cos precipitados ritmos balcánicos e afro caribeños entre outros, e a exporse ás fortes treboadas provocadas por bruscos cambios de tempo ou impredecibles inclemencias musicáis. A todo isto témoslle que engadir a gran capacidade para navegar dos tripulantes, bregados en centos de marés e valentes expedións da música galega dos últimos anos, asà estes piratas do ritmo xa vogaron cos Papaqueixos, 3 Trebóns, Banda Melgacha, Meninhos da rúa, Dandy Fever, Tiruleque, Pablo Bicho, A Turma Angolo-galega, Matraca Perversa...
De toda esta mestura non podÃa saÃr máis ca un proxecto común, un universo sonoro determinado por seis maneiras diferentes de entende-la vida e, por tanto, a música, que se enriquecen e complementan nunha relaciòn de interdependencia mutua, a BANDA POTEMKIN , o espacio no cal as experiencias anteriores se cruzan e xuntan confundindo ós estilos, o lugar onde os arranxos fan que as ideas perdan a sùa forma orixinal, e se volven potemkianas...