Arreaocabo profile picture

Arreaocabo

Organiza Colectivo Chilindrin

About Me


Ó falar de DEF CON DOS estamolo facendo dun grupo de primeira línea do panorama rock estatal con casi dúas décadas de historia. A súa recoñecible e xenuína mistura explosiva de denuncia, ironía, sentido común e sarcasmo nihilista a ritmo de rap metal, supuxo un listón demasiado alto para que imitador algún ose ocupar o seu sitio. A súa ácida e sempre ingeniosa crítica a todo o establecido, o seu peculiar e recoñecible estilo, a súa actitude inconformista e pouco predecible frente ás convencións do mercado, a súa independenza a ultranza, e o saber manter a orixinalidade con cada traballo de estudio fan de DEF CON DOS unha das propostas máis interesantes, novedosas e combativas que asaltan o panorama discográfico.
Ó Festival ARREAOCABO chegan para dar un dos únicos 15 concertos que farán neste ano 2008, apresentando a banda sonora da exitosa película “No digas nada”. Como xa dixemos é un grupo ó que o avala unha longa carreira con 10 discos ás costas: Primer Asalto (1989), Segundo Asalto (1990), Tercer Asalto (1991), Armas Pal Pueblo (1994), Alzheimer (1995), Ultramemia (1996), De Poca Madre (1998), Dogmatofobia (1999), Recargando (2005) e 6 Dementes Contra el Mundo (2006).
E aínda hai máis. Por si fose pouco todo o dito, o bon facer de esta banda provocou que cegasen a tomar parte dunha das xiras máis importantes a nivel internacional, o Warped Tour de U.S.A., compartindo escenario con grupos da talla de Bad Religion, Deftones, Nofx, The Specials, etc.
En fin, non hai dúbida de que estamos diante dun dos referentes musicais do panorama rock estatal cun espectáculo e son en directo máis que dignos de presenciar. ¡Longa vida a Def Con Dos!
Juan Karlos Aizpún, Rafael Redín, Natxo Zabala e Brígido Duque, forman KOMA. Grupo navarro no que a alquimia funciona ó primeiro acorde, música e letras callan con inspiración nun cuarteto de músicos experimentados, curtidos en máis de mil batallas. Máis dunha década de anos de traxectoria ascendente cunha maqueta e sete discos ás costas (Koma, El infarto, El catador de vinagre, Criminal, Molestando a los vecinos, Sinónimo de ofender e Sakeo), un dos cales, Sakeo, acaba de saír á rúa e chegaran ó Arreaocabo para presentalo, dentro dunha xira 2008 que está a resultar moi exitosa en canto asistencia de público ós seus concertos.
Qué algúns videoclips como “Imagínatelos cagando” e “Sakeo” sexan emitidos en canales de música tales como MTV ou Sol Música, e os innumerables concertos que están dando tanto en bares ou gaztetxes como en grandes festivais son testemuñas perfectas da grandeza de esta banda.
SKACHA é un grupo de punk rock que nace no barrio vigués de Coia fai xa 17 anos. Neste tempo de rodaxe, numerosos concertos en Galiza, Euskadi, Catalunya… dan boa fé da sua experiencia, contundencia e furia no escenario, tanto a nivel de grandes festivais, como en locais de pequeno aforo. Teñen unha discografía de cinco discos e dúas maquetas: Galiza..s Montes (1993), Sempre Ceibes (1995), Xustiza Cega (1997), Skacha (1999), Estado de Sitio (2001), 1995/2003 Recopilatorio (2005) e A Ferro e Lume (2005).
Chegan ó Festival ARREAOCABO apoiando sempre a festa, sen olvidarse de denunciar as inxustizas sociais, expresando e transmitindo a sinceira raiba do Punk-Rock.
Nados no ano 2003, SKAMA LA REDE convertiuse no principal referente da nova xeración do movimento coñecido como “Rock Astur” que sigue a estela de bandas veteranas como Dixebra o Los Berrones. Con dous discos ás costas (“La nuesa hestoria” no 2005 e “Echaos a la mar” no 2007), unha maqueta (“Hestories absurdes” no 2004), participando en varios recopilatorios (entre eles dous tributos a La Polla Records e Dixebra) e con casi 100 concertos ás costas (Asturies, Galiza, León, Castela, Cantabria ou Euskal Herria) presentan unha proposta musical basada no ska-punk festeiro con letras en asturiano de denuncia política e social.
Xa pisaron escenarios importantes como o Festival Derrame Rock e son habituales no Conciertu pola Oficialidá de la Llingua Asturianu, Conciertu pola Revolución d..Ochobre 1934 ou Noches Celtas Asturianas e compartiron cartel con bandas da talla de Skalariak, Betagarri, Banda Bassotti, Boikot, Reincidentes, Gran Orquesta Republicana, Lamatumbá, Lendakaris Muertos, The Locos ou Mamá Ladilla..
O Festival Arreaocabo será a súa terceira visita a Galiza, tras telonear a Skarnio no Festival Sons do Vento (Melón – Ourense no 2006) e participar no Rock..n..Oia (Canido – Vigo no 2007) xunto a Segismundo Toxicómano e Nao.
A xira de 2008, despois de ser máis que coñecidos en Asturies, presentase, en principio, como a de máis concertos fora das fronteiras asturianas.
“Ración de metal puro, demostración de la calidad nacional”, así é como a revista de tirada nacional Rockzone define o bo facer desta banda local de death metal melódico, RAIN IS ART. Unha agrupación musical de Viveiro nada no ano 2005 pero cunha amplísima experiencia de cada membro despois de pasar moitos anos noutras bandas locais. Pese a levar só tres anos funcionando o novo proxecto Rain Is Art xa chegou a compartir escenario con grupos da talla de Napalm Death, Madball, Ignite ou Caliban, entre outros. Hoxe atopánse grabando o que será o seu primeiro disco de estudio, un disco que de seguro dará que falar e que probablemente poderán tocar no Arreaocabo.
A pesar de ser un grupo novel con so tres anos de historia, os viveirenses ANGER SECOND xa conseguiron deixar coa boca aberta a máis de un. Un metal harcore contundente que non deixa a naide indiferente é a arma coa que esta agrupación pretende asaltar o panorama metal rock estatal. Un recorrido ata o momento corto pero moi intenso no que xa tocaron con grupos da talla de Porretas, Nao, Twenty Fighters ou Rain is Art. En definitiva, un grupo que chegará lonxe cun directo máis que digno de ser presenciado.
O Colectivo Chilindrín nace en Celeiro, pobo mariñeiro pertencente á localidade mariñana de Viveiro (Lugo), polo ano 2001 como peña federada do equipo de fútbol sala Puerto Celeiro Viveiro F.S., para convertirse definitivamente en asociación xuvenil e cultural no ano 2005. Como asociación, de máis de 200 socios na actualidade, traballamos na organización de diversos eventos culturais sen ánimo de lucro, entre os que destaca o Festival Arreaocabo.
O Festival Arreocabo é un festival de música rock que ten ubicación no pobo mariñeiro de Celeiro, pertencente á localidade mariñana de Viveiro (Lugo). Da mán da asociación cultural e xuvenil "Colectivo Chilindrín", encagada da súa organización, pretende ofertar e promocionar dun xeito total e absolutamente gratuito algún dos mellores grupos do panorama estatal español ademáis das mellores e máis contrastadas agrupacións da escea galega e incluso dar cabida a algún grupo novel ó que esta proposta lle sirva de plataforma.
HISTORIA
Arreaocabo 06
O ano 2006 foi o ano no que nacía o festival. Nesta primeira edición puidemos contar coa actuación de grupos tan contrastados dentro do panorama musical galego que xa se convirten en veteráns, como son o grupo de folk Os Cempés e os rockeiros Zenzar. Ademáis de estas dúas agrupacións tamén contamos con Dios Ke Te Crew, co seu hip hop directo e combativo en lingua galega e co grupo local Lisar Friends. Este primeiro "capítulo" do Festival Arreaocabo superou as expectativas da organización ó asistir a él sobre 500 persoas.
Arreaocabo 07
A boa acollida que entre o público tivo a primeira edición provocou que o Colectivo Chilindrín se embarcara de novo na aventura de organizar este evento outro ano máis. O ano 2007 o festival pegou un grande brinco de calidade en canto a escenario e equipo de són se refire. Ademáis, nesta edición, puidemos disfrutar coa presenza como cabezeira de Porretas, un dos grupos con máis trascendencia e historia dentro do panorma rockeiro español. Xunto a Porretas tamés estiveron a banda de rap metal en galego Nao, o grupo Oferta Especial cun punk ska moi ben elaborado e os locais Twenty Fighters e Anger Second. O salto de calidade veuse refrexado na asistencia ó evento xa que se rondou o milleiro de persoas.

My Interests

Music:

Member Since: 5/9/2007
Band Website: colectivochilindrin.blogspot.com/
Sounds Like:

DEF CON DOS - No digas nada

KOMA - Sakeo

SKACHA - O son do martelo

SKAMA LA REDE - Echa a correr

Record Label: unsigned
Type of Label: None

My Blog

Recinto do festival

Moi boas!!Aquí deixamos unha foto do Parque de Lavandeiras de Celeiro, onde terá lugar o festival. Non está pillada dende o mellor ángulo posible pero bueno, éche a que hai... O recinto disporá de:-Es...
Posted by Arreaocabo on Thu, 05 Jun 2008 09:47:00 PST

¡¡¡ Xa está !!! / ¡¡¡ Ya está!!!

¡Boas! No último blog que escribimos comentabamos que xa estaba o cartaz pechado e que en breves anunciaríamos os dous grupos que faltaban. Pois como o prometido é deuda, estamos na obriga de vos dici...
Posted by Arreaocabo on Tue, 08 Apr 2008 08:52:00 PST

Cartaz pechado / Cartel cerrado

¡Moi boas! Publicamos novo blog para anunciarvos que dende a organización decidimos pechar xa o cartaz cos catro grupos confirmados máis outros dous novos que en breves daremos a coñecer. Un saúdo.Col...
Posted by Arreaocabo on Tue, 25 Mar 2008 07:00:00 PST

Novas confirmacións / Nuevas confirmaciones

Hola de novo!Xa estamos outra vez a escribir aquí co fin de comunicarvos dúas novas confirmacións para a edición ARREAOCABO 08. Éstas son os grupos SKAMA LA REDE e RAIN IS ART, unha mistura de ska, fo...
Posted by Arreaocabo on Fri, 22 Feb 2008 11:21:00 PST

Primeiras confirmacións / Primeras confirmaciones

Moi boas compañeir@s!A día de hoxe, xa podemos avanzar as dúas primerias confirmacións da edición ARREOCABO 2008. Tratase, nada máis e nada menos que dun grupo referente do panorama rock estatal como ...
Posted by Arreaocabo on Tue, 12 Feb 2008 12:18:00 PST

Xa temos data definitiva / Ya tenemos fecha definitiva

Mois boas compañeir@s! Xa temos data definitiva para a celebración do Arreaocabo 08, será o sábado 5 de Xullo. Decidimos adianta-la data desta terceira edición para antes do previsto, debido á grandís...
Posted by Arreaocabo on Sun, 27 Jan 2008 12:36:00 PST

Embarcamonos de novo

Hola moi boas compañeiros, como vai? Feliz ano, antetodo. Publicamos o primeiro blog do ano 2008 para comunicarvos que soltamos cabos e nos embarcamos noutra marea máis, noutra aventura, que cecais es...
Posted by Arreaocabo on Mon, 21 Jan 2008 09:04:00 PST