De repente chegas a unha sala chea de xente expectante e impaciente, nervios, os asistentes mirando o escenario e ¡comenza o espectáculo!, subidón, asombro e os corpos non poden estar sen bailar, miles de watios afinados e moitos músicos facendo festa, isto é A TUNA RASTAFARI (descarga de enerxÃa, posta en escea, un comando de xente nova con experiencia para facer vibrar, saltar e cantar). Dez xóvenes músicos que producen, deseñan, improvisan: o espectáculo é a súa bandeira. Unha banda con unha soa misión: reventar todos os escenarios que se lles poñan a tiro; súas armas: sonidos imaxinativos combinados con humor, compenetración e factor sorpresa.Grupo formado no Morrazo no ano 2005 con compoñentes de outras bandas locais, pero que atoparon un vinculo e un estilo que os une para disfrutar da música.
Comenzan a súa andadura con cinco compoñentes ampliando pouco a pouco o seu número ata a actualidade que son dez. Incorporando un acordeonista, dous saxos ,unha trompeta e un trombón que fan que o sonido dos inicios evolucione a un máis festeiro.O seu repertorio de imaxinativas letras e música que fai bailar e disfrutar, fan que na actualidade sexan un dos grupos máis requeridos para festivais e concertos en salas, destacando os últimos concertos no Festivalinho, na Sala Aturuxo, no Pub Labranza, no Festival Antifascista de Cangas, na Semana do Mar de Moaña....WWW.FOTOLOG.COM/LA_TUNARASTAFARI