Xurxo Fernandez profile picture

Xurxo Fernandez

Xurxo Fernández

About Me

Xurxo Fernández nace en Vigo en xaneiro do ano 1987. Con tan só 9 anos iníciase no mundo da música tradicional galega, da man do mestre Xose Manoel Oliveira. Ao ano seguinte inicia os seus estudos no Conservatorio Profesional de música de Vigo ata o ano 2007, ano no que se fai co titulo medio da especialidade de Gaita. Este mesmo ano empeza os seus estudos no conservatorio Superior de Música de Vigo na especialidade de "Instrumentos da música tradicional e popular de Galiza". A súa formación complementouse con mestres como Antón Corral ou Xose Lois Miguelez e asistiu a diversos cursos impartidos por Marcos Campos, Patrick Molard, Juan Casalderrey... Actualmente forma parte do grupo Anacos de Buxo con quen conseguiron diversos premios como son: Concurso de cuartetos de Ponteareas, Concurso de Vedra, Concurso de música tradicional de Arteixo...entre outros e co cal viaxaron por España, Francia e Portugal aparte de gravar o traballo discográfico Sempervirente. Ten colaborado como gaiteiro co grupo de música tradicional Noitarega, como clarinetista co grupo de música tradicional Zurrumalla e coa gaita e a frauta no grupo RFA formado na Universidade de Vigo, o cal fusiona distintos xéneros como Heavy, Rock ou Folk. En canto a discografía, aparte de gravar Sempervirente con "Anacos de Buxo", gravou coa Banda de gaitas Xarabal un tema do disco de Crema de Gaita "Tangalego". Tamén coa Banda de gaitas Xarabal gravou un tema para o disco "Foliada nas Rías Baixas. Homenaxe a Ricardo Portela, o Mestre". Co clarinete colaborou na maqueta do grupo "Zurrumalla". No ano 2007 traballou de músico e de técnico de gravación e misturas na música do documental dirixido por Bernardo Cequera "Manfred, o alemán de Camelle". Como gaiteiro solista participou en diversos concursos como son o Concurso do gaiteiro de Soutelo, Concurso gaiteiros solistas de Sarria ou Concurso de gaiteiros solistas da Estrada. Fóra do mundo da música, estudou un ano de Enxeñeria técnica de Son e Imaxe e a especialidade de Son no Instituto Audiovisual de Vigo. Neste campo, complementou a súa formación facendo un curso sobre Gravacións Musicais e Sonorización impartido por Javier Abreu de Oceano Estudio. Actualmente traballa como técnico de P.A. no grupo folk "Irtio".

My Interests

Music:

Member Since: 9/4/2007
Band Website: anacosdebuxo.tk // xarabal.org
Band Members:
Influences:
Type of Label: None

My Blog

PRESENTACIÓN DA MÚSICA "MAN, O ALEMÁN DE CAMELLE"

O pasado día 24 de novembro Xurxo e Pedro, gaiteiros de Anacos de Buxo, achegáronse aos estudios de Radio Galega para presentaren a música do documental "Man, o alemán de Camelle" realizado por Bernar...
Posted by Xurxo Fernandez on Wed, 28 Nov 2007 06:34:00 PST