PREGÓN
NAS FESTAS DE TEIS
Adolfo
Domínguez (Fito) será o pregoeiro das festas do seu
barrio natal Teis, festas nas que tamén actuará A Roda.
Será o día 5 de agosto no parque de A Riouxa en Teis ás
21:00 h O pregón será unha recesión da súa
visión do barrio, así como un percorrido polas súas
vivencias, para Fito é un recoñecemento da súa
figura así como do labor do grupo A Roda en todo este tempo.
A Roda naceu dun grupo de amigos que se xuntaban a cantar arredor dunha mesa redonda na taberna, de aà o nome. Na actualidade o grupo A Roda, ademais de conserva-la esencia que caracterizou ao grupo dende o seu berce e de mante-los presupostos do seu xermolo, roda e xira baixo o obxectivo común de non limita-la súa creatividade e inspiración, agroma a necesidade de chegar onde nunca antes chegara, e zumega entre as súas madeiras a intención de facer unha Roda igual de redonda pero máis grande e totémica, se isto é posible.