Myspace LayoutsO seu contacto coa música comeza aos sete anos iniciando os seus estudios musicais de canto. No ámbito artÃstico desenvólvese dende os seus comezos na música Folk, tendo algún contacto tamén con outras músicas como o funky ou clásica. Ten colaborado en numerosos proxectos como Son Delas, Ball Cans, Sete Saias, Asociación Cultural BarbantÃa, Conservatorio Tradicional e Folque de LalÃn e grabado para diversos discos como Fia na Roca, Susana Seivane, Camaxe, Seare, Asociación Galega de Gaiteiros Galegos (Pelogato24) ou o último disco do pianista Enrique Paisal (Los Tamara) onde colabora en dous temas… Participou no filme do grupo canadiense “La Bottine Souriante†sobre a súa xira europea con motivo do seu 25 aniversario para o cal interpreta a dúo un tema co cantante solista da "Bottine" Yves Lambert. Na actualidade forma parte do grupo Fia na Roca co que xa ten grabado tres discos e participa en numerosos proxectos. No ámbito docente actualmente é Mestra en Educación Musical e pedagoga, imparte clases de música na ensinanza primaria, e Música para adultos na Escola de Música Municipal de Boiro. Ademáis imparte cursos de canto por diversos puntos da xeografÃa galega.