Pulsa aqui para leerlo en español.
     
A formación do colectivo sonoro susténtouse nun principio sobre dous pilares básicos, Emilio López e Xermán Viluba, que non son precisamente uns recen chegados ao panorama musical galego. Skornabois, grupo que fusionaba electrónica co rock máis actúal (Skornabois “Skornabois†Chorima edicións 1998) ou Alkarpa (proxecto étnico-tradicional no que confluÃan diferentes xeracións de músicos) son algunhas das credenciais que poden amosar estes dous músicos. à marxe destacar as súas incursións detrás dos pratos coma dj..s en sesións conxuntas ou por separado. Proxectos de intervención poético-sonoras xunto co escritor Santiago Jaureguizar (Elvis Cristo Furious Machine) achegáronnos ao membro á sombra diste Safari do século 21, o productor Arturo Vaquero (Humanoid), que dirixe e coordina xunto coa orquestra dúal as sesións de gravación no seu estudio Abrigueiro.
      En principio este, Ãa ser un proxecto soamente de estudio, pero as gañas de levalo a directo, levaron a Emilio a xuntar un banda virtual, pero con solvencia, para poder mostrar a súa música polos distintos escenarios de Galicia. Está banda está formada por xente tamén curtida no mundo músical ou de clube galegos.
      A música de Safari Orquestra non é doada de definir, por decir algo serÃa unha fusión entre a electrónica máis integradora con ritmos que van desde o Soul,funk, ou mesmo reggae. Como eles din, misturan malicia e felicidade, dando un resultado elegante e bonito. Se houbera un estilo que os definise seria Electrónica-funk, xa que a música negra é a base das súas composicións. As súas letras van desde reflexións sociais ou de actualidade ata as composicións de carácter máis Ãntimo e persoal. As súas referencias en canto a grupos son, entre outros, Massive Attack, Thievery Corporation, Gang Starr, Red Snapper, Youssou N’Dour, Aretha Franklin, Ella Fitgerald etc...
      Entre os proxectos máis inmediatos está a edición do seu primeiro EP, que estará nas tendas este inverno. E para o que contaron coa colaboración dun home fundamental na escena galega como é, Marcos Melendez (vocalista de Los Doré) que inmortaliza coa súa voz a inconfundible “habanaâ€. Estiveron tocando po los teatros de boa parte de Galicia no espectaculo “Ao Pé da Letra†producido por Nordesia Produccións e no que se xunta co mellorciño da música galega actúal.
     Emilio López: Voz, samples. Emilio é un dos ideólogos xunto con Viluba e Vaquero, desta orquestra. Foi voz e letrista dos desaparecidos Skornabois (Skornabois “idem†Chorima,1998 e entre os mellores 10 discos da historia do rock galego –Zona de Obras - ) e do proxecto multidisciplinar ALKARPA. Actúalmente leva o peso da producción xunto con Arturo Vaquero.
     Alvaro Pardo (Dr. Think): Dj, efectos. Dj e productor coñecido na escena galega e do Estado. Alvaro foi un dos pioneiros no mundo dos dj’s en Galicia. Desde o colectivo NoiteTRASNOite, foi tamén impulsor de diversos tipos de eventos todos relacionados coa cultura da música electrónica ou de clube.
     Miguel Martinez (Rulos): Saxo, flauta traveseira. Rulos é profesor de música e saxofonista, ven de diferentes estilos musicais para recalar na Safari Orquestra. Entre outros grupos, estivo militando en Zootropo, Kozmic Muffin, e todo tipo de proxectos que levasen música negra como base da súa música.
      Laura Romay: Baixo. Laura é unha das poucas mulleres baixistas que temos en Galicia. Tamén se formou en diferentes bandas galegas como pode ser Holywater cos que gravaria disco. Actúalmente forma parte de Safari Orquestra e tamén do novo proxecto do productor Arturo Vaquero Dion-a-muh. Ten un estilo moi peculiar e preciso de tocar.