A CARICIA DA SERPE profile picture

A CARICIA DA SERPE

About Me

A Caricia da Serpe son: Lino Braxe, Rómulo Sanjurjo, Miguel Ladrón de Guevara e Xosé Luis Saqués.A Caricia da Serpe comezou a súa andadura no ano 1998. Nesta xa longa carreira de éxitos leva dados cerca de 200 concertos nos que Lino Braxe , Rómulo Sanjurjo, Miguel Ladrón de Guevara e Xosé Luis Saqués seguen acariciando os oídos e mordendo conciencias.A Caricia é unha formación multidisciplinar; Saqués viña do eido do rock, ainda que tamén está vinculado á música medieval; Miguelón ofrece a imaxen máis popular, participou en grupos de flamenco, fados e é músico, con moi boa reputación, de orquesta; Lino Braxe é imposible clasificalo nun estilo ou nun traballo concreto. Poeta, actor e director de teatro, columnista de prensa, colaborador de radio e TV,... . O cuarto "caricia da serpe" (o último en chegar á formación, no ano 2000), Rómulo Sanjurjo, foi membro fundador dp grupo bravú Os Diplomáticos de Monte Alto. Actualmente, comparte con Julián Hernández (Siniestro Total) o proxecto Transportes Hernández y Sanjurjo.Por iso é imposible encasillar a música deste singular cuarteto. Realmente é poesía mesturada con cancións, literatura sonora, concerto poético,..... Hai un sentido radiofónico e teatral no seu espectáculo: historias, humor, música entran na batidora creativa para dar A Caricia da Serpe. Se trata, por momentos, de achegar a poesía ó gran público, sen renunciar ó teatro na súa singularidade e ó refinado gusto musical pola diversidade. Cousa que agora se ven a chamar "música fusión". Sin embargo, A Caricia da Serpe é, verdadeiramente, un espectáculo, non un libro. E nese espectáculo tamén entran moitos universos musicais como a rumba, o rock, o tango, o pop...En A Caricia da Serpe hai tamén un arraigado concepto de grupo, como se se tratase dunha formación rockeira. E este estilo tan indefinible plásmase na súa ansia poética e na súa orixinalidade. Ainda que é imposible a catalogación formal do espectáculo, pódense ver en Friul (rexión de Italia) o estilo chamado Trastolóns no que as ansias libertarias misturanse co speach inglés (tan de moda agora nas nosas televisións nos chamados monólogos). Así é que A Caricia da Serpe ten algo tamén da xeración beat, de Lou Reed, de Cage,...

My Interests

Music:

Member Since: 07/11/2007
Band Website: acariciadaserpe.blogspot.com
Record Label: WONDERLAND DISCOS

My Blog

A CARICIA DA SERPE PRESENTA O SEU NOVO DISCO EN MADRID

A CARICIA DA SERPE inicia a  xira de presentación do seu novo disco O SORRISO DO DIAÑO (La sonrisa del diablo), na CASA DE GALICIA de Madrid. O próximo día 19 de decembro, mércores, ás 20:00 h...
Posted by on Tue, 18 Dec 2007 00:40:00 GMT

NOVO DISCO

O 19 de Decembro publicarase o novo disco de A CARICIA DA SERPE, baixo o título de "O SORRISO DO DIAÑO". Foi gravado por Arturo Kress en Estudos Pirámide de A Coruña e mesturado e masterizado en Casa ...
Posted by on Thu, 08 Nov 2007 04:40:00 GMT