Chupacabras profile picture

Chupacabras

About Me

No ano 2003 os gaiteiros David Bellas García e Xesús Riveira Campillo fundan o cuarteto “O Chupacabras” coa finalidade de presentarse a concursos e dar a coñecer pezas da súa propia autoría. Despois duns anos de parón, o cuarteto retoma o traballo co mesmo nome pero con diferente formación no ano 2007, contando na percusión con Rafa Crespo Crespo e Cristian Silva Bóveda. Esta volta ven en parte provocada pola coincidencia dos membros do grupo no departamento de música tradicional do Conservatorio Superior de Vigo. Aparte de en numerosos certames e festivais, teñen participado en audicións didácticas para alumnos de ESO e Bachiller. O seu estilo caracterízase pola sutilidade e emprego de novas armonías en arranxos de pezas típicas do repertorio tradicional, así como en pezas de autor ou da súa propia colleita, conseguindo combinar gaitas e a percusión nunha sola idea musical. PREMIOS: 2º Premio no Concurso de Música Tradicional 'Xiradela' en Arteixo no 2003 (categoría B) 3º Premio no concurso de cuartetos tradicionais de Miño (2003) 3º Premio no XXXVI concurso rexional de gaitas de Ponteareas (2003). 1º Premio no III Concurso de Música tradicional de Cervo (2007). 1º Premio no X Memorial Manuel Texo na Vedra(2007). 4º Premio no XL Concurso rexional de gaitas de Ponteareas (2007). 1º Premio no I Concurso de cuartetos de Luou (Teo, 2007). 1º Premio no I Concurso de gaitas “Moxenas” de Valladares (Vigo, 2008). 1º Premio no I Concurso de Cuartetos “Festas de Ourense” (Ourense, 2008) 1º Premio no XLI Concurso de Cuartetos de Ponteareas. (Ponteareas, 2008). 1º Premio no II Concurso de cuartetos de Luou (Teo, 2008) 1º Premio no II Concurso de gaitas “Moxenas” de Valladares (Vigo, 2009).
Myspace Editor
Pimp MySpace


o cuarteto "O Chupacabras" 1º premio no I concurso de cuartetos Festas de Ourense.

Cuarteto "O Chupacabras" 1º premio no II concurso de cuartetos de Luou (Teo)

My Interests

Music:

Member Since: 18/07/2008
Band Members: Gaita: Suso Riveira,Gaita: David Bellas,Tamboril: Cristian Silva,Bombo: Rafa Crespo.
Influences:
Sounds Like:
Record Label: sin contrato discográfico

My Blog

O cuarteto "O Chupacabras" gaña por segundo ano consecutivo o concurso de luou(Teo)

..   Resultado do II CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL DE LUOU Este domingo tivo lugar o II Concurso de Música Tradicional de Luou, Teo, sendo o resultado o seguinte:1º premi...
Posted by on Tue, 21 Oct 2008 05:23:00 GMT

o cuarteto "O chupacabras" gaña a XLI edición do concurso de cuartetos de Ponteareas 2008

O cuarteto 'O chupacabras' gaña a XLI edición do concurso de cuartetos de Ponteareas 2008, coa interpretación dos temas 'Muiñeira de Ourense' Trad. e 'Xota de Parapar' Trad. ambos con arranxos do...
Posted by on Thu, 25 Sep 2008 08:47:00 GMT