Luvas Verdes comezou a súa andaina no ano 2001 coa intención de crear pezas de composición propia e facer arranxos de temas tradicionais dándolle unha faceta importante á percusión. Foi considerado unanimemente como dos mellores do paÃs polos premios acadados ao longo dos case seis anos de vida coa formación inicial: Pepe Montero (tamboril), Melo Suárez (bombo), e os gaiteiros Pedro Lamas e Daniel Bellón. Dezasete primeiros postos e só un segundo convérteos no cuarteto de música tradicional máis laureado da historia de Galicia: gañadores do concurso de cuartetos de música tradicional de Sanxenxo, o de cuartetos e quintetos tradicionais Gaitas do paÃs, de Sarria, o de cuartetos e quintetos Memorial Ricardo Portela, en Pontevedra, ou o certame para cuartetos RosalÃa de Castro de Padrón, entre outros.Distintas composicións do grupo teñen sido galardoadas nos máis prestixiosos certames celebrados en Galicia e son interpretadas tamén por grupos como a Orquestra de Corda de Antón Seijo (violinista de Milladoiro), Nova Galega de Danza ou Susana Seivane, e por destacados solistas e conxuntos do panorama musical galego nos últimos anos.
No 2005 todo o traballo desenvolvido da o froito da publicación do seu primer disco Fandango Desesperado, editado polo selo Nova Galega de Danza. Contaron coa colaboración do cantautor Xabier DÃaz e dos compoñentes de Os sete estalos, formación paralela que compartÃa integrantes con Luvas Verdes. O disco amosa a frescura do seu son sen complexos e desenvolve un espectro melódico, rÃtmico e harmónico do repertorio tradicional ao tempo que afonda nas correntes da música moderna.Outra participación salientable é a da recreación en directo da banda sonora da pelÃcula ‘La Casa de la Troya’ (Alejandro Pérez LugÃn-Manuel Noriega, 1924) en distintas cidades españolas, co motivo da súa restauración no 2003 pola Filmoteca Española e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).
No 2007 Daniel Bellón e Pedro Lamas retoman o traballo iniciado para volver non só como grupo senón para levar esta proposta tamén ao ámbito do ensino a través de cursos, recuperación de repertorio tradicional e outras innovacións. Nesta nova andaina están acompañados por colaboradores da talla de Suso Vaamonde, Xosé Lois Romero, Xabier DÃaz e AgustÃn Sánchez entre outros.A finais de ano o grupo agarda presentar o seu segundo traballo discográfico que será unha revisión do repertorio popularizado pola desaparecida formación Lelia Doura.