Pedro Lamas profile picture

Pedro Lamas

Pedro Lamas

About Me

Pedro David Lamas Varela (Cecebre, 1978)Estudia Enxeñaría Industrial pola Universidade da Coruña na Escola Politécnica Superior de Ferrol. Finaliza o curso de Formación Musical e a súa Didáctica na Escola de Maxisterio da UDC en 1999 acadando a calificación de Matrícula de Honra.Membro fundador do grupo de música tradicional ‘Lelia Doura’ (1995-2000) e ‘Luvas Verdes’, na actualidade desempeña a súa faceta como gaiteiro e compositor neste último e na compañía ‘Nova Galega de Danza’ amais de colaborar habitualmente con outros artistas e formacións como Vaamonde, Lamas e Romero ou Xabier Díaz.Posúe un dos curriculums con máis galardóns no mundo da música tradicional, acumulando máis de cincuenta premios no seu haber, entre outros:-Finalista do Concurso de Gaita Galega Constantino Bellón en 8 ocasións (1995-2002) acadando o accésit en 1997 e 2000. -1º premio no Concurso Rexional de Gaitas de Ponteareas (1996, 1997, 1998, 2001, 2002 e 2003). -2º premio no I Concurso ‘Gaiteiro de Soutelo’ en Soutelo de Montes (1999). -1º premio no Concurso de Cuartetos e Quintetos ‘Memorial Ricardo Portela’ (2000, 2003 e 2005). -1º premio no Concurso Folclórico ‘Concello de Cerdido’ (1995, 1996, 1997, 1998). -1º premio no ‘Concurso de Cuartetos de Música Tradicional de Sanxenxo’ (2001, 2002 e 2003).Dende 1998 exerce de mestre de gaita e percusión tradicional en distintas entidades (Escola Municipal de Folclore do Concello de Abegondo (1999-2003), Estudio-Escola de Música (1999-2001) entre outras) e colabora coa Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas do Exterior impartindo diversos cursos no estranxeiro. Na actualidade é mestre na Escola Municipal de Folclore do Concello de Betanzos e en distintas asociacións culturais do ámbito da Coruña.Parte da súa obra está recollida nos libros ‘Doce Polainas Enteiras’ e ‘De Pano Sedán’ (Edicións do Cumio, 1998 e 2003) así como nos discos ‘Fandango desesperado’ (Luvas Verdes, 2005), ‘Alento’ (Nova Galega de Danza, 2005), ‘Engado’ (Nova Galega de Danza, 2007) e ‘Coplas para Icía’ (Xabier Díaz, 2007).En 2006 accede ao Grao Superior do Conservatorio Superior de Música da Coruña na especialidade de Jazz obtendo plaza como saxofonista.

My Interests

Music:

Member Since: 3/28/2008
Band Website: luvasverdes.com novagalegadedanza.com
Band Members:

Myspace Editor
Pimp MySpace

Influences:
Sounds Like:



Record Label: Autoedición
Type of Label: None