A banda fórmase en Vigo a finais do ano 2004, con membros procedentes doutros grupos de diversos estilos musicais: Dakidarria, Skacha, Siniestro Total, Os Resentidos, Skarnio, Frangos...
Devotos confesos da música tradicional Xamaicana móvense entre estilos como o Ska, Rocksteady ou o Reggae, sen deixar de lado outras influencias máis Soul, R&B, Surf, etc. Isto unido á súa paixón polo xénero de terror, a serie B e a ciencia-ficción conforman unha proposta cando menos orixinal.
Xunto ás composicións propias, temas de The Skatalites, Jimmy Cliff, Phyllis Dillon, Joya Landis ou Barbara Lynn... conforman o repertorio habitual dos seus concertos.
Participaron , coa súa canción KINGSTON TOWN / SANTIAGO DC, xunto a outras bandas galegas no A Polo Ghit, un concurso organizado pola Radio Galega e Vieiros, para elixir a canción galega do verán.
No ano 2006, entraron nos estudios Muu! de Vigo a gravar de forma totalmente analóxica (como antano) cinco cancións que sairon editadas no nadal de ese mesmo ano en formato CD e EP polo selo El Ejecutor Records.
Despois da sua exitosa xira do ano 2007, este 2008 voltan con mais forza e con novas cancións para xirar por donde lles deixen e gravar o seu segundo traballo.
------------------------------------------------------------
-------------------------------
------------------------------------------------------------
-------------------------------