About Me
Dandy Fever somos unha banda de ska, reggae e rocksteady da Coruña, na Galiza. Formamonos na metade do ano 2002, trala desparición doutra banda; Diskatocam, da que procedemos parte dos membros.Asà formamos Dandy Fever; Brais (batarÃa), Charly (guitarra), Nestor(baixo), Dani (saxo alto), Iago (trombón), Lourenzo (trombón) e Mariana(voz).
Anteriormente pasaron tamen pola banda outra xente coma Diego(voz), David (baixo), Ramón (teclado) ou Antonio (trombón).
Dende o comezo, o estilo musical orientouse á musica xamaicana dos ‘60s-ska, rocksteady i early reggae, mais conservando a lÃngua galega na maiorÃa das letras. Asà fomos preparando un repertorio con cancións propias e algunha versión de bandas coma Skatalites, Hepcat, The Wailers...Ao comezo de 2003 damos o noso 1º concerto na nosa cidade, no pub Garufa. Para a nosa sorpresa, éste quedouse pequeño para toda a xente
que veu a vernos, e a acollida non puido ser mellor. O negativo foi que Mariana non puidera cantar por enfermar dÃas antes, e que se esgotasen as cervexas por falta de previsión no local (por pouco non houbo altercados!!)A partires de aà seguimos tocando en distintos puntos da Galiza, como Lugo, Compostela, Ourense, Vigo, etc...Animados pola boa resposta que tiñamos nos concertos.
A súa vez, o zine El Ejecutor (MarÃn, Pontevedra) ofrecenos a posibilidade de gravar uns temas para un minicd que eles editarÃan máis tarde. É asà como gravamos 5 temas en distintos estudios ao longo do 2003, ademáis dunha versión de Skatalites que tiñamos gravada da última época de Diskatocam.
O cd saiu á rúa en decembro de ’04 e tivo moi boa acollida, esgotandose todas as copias que tiñamos disponÃbeis nun só mes, a maiorÃa en bares e
concertos.
Algunhas cancions saÃron en diversos recopilatorios da Galiza, de España e de fora do estado. Entre eles o cd de A Perloca(GZ), o do fanzine The Whip nº 0 da Red Mussel Crew (Madrid), o cd Skannibal Party nº 5 de Mad Butcher Records (Alemaña), o cd do fanzine Banana nº 5(Rep.Checa), ou o cd L´Edat Daurada da distribuidora Jamaican Memories (Valencia), entre outros.En breves editaremos un novo cd con 9 cancións en estudio, algunha das cales podes escoitar en versión en concerto neste Myspace.Queremos aproveitar para agradecer ante todo á xente que nos ven a ver e que o pasa tan ben escoitandonos tocar, coma nos tocando. Simplemente, ese é o noso obxectivo. Tamén agradecemos aos que nos apoian e
axudan como El Ejecutor Zine, Luis "Dalhe Zine", David, Ramón e Antonio, Caamaño "Sumiso Webmaster", Jaco, Arturo"Yogiman", DJ.Costrojan, bandas "veciñas"(SLS3, Skárnio, Transilvanians...).
Tamen a xente que monta os concertos e festas.
Grazas.
UN SAÚDO A TOD@S!