NOTA: As cancions do reproductor son de hai uns cantos anos e non son obra miña solo, senon que tamen forman parte dos compañeiros. Unha lista dos que actuamos nese disco tendela aquÃ
http://www.fingoi.com/musica/index.php?option=com_content&am p;task=blogsection&id=5&Itemid=275
Tamen podedes mercar o cd se queredes.
BIO:
Naceu 9-12-1987. Comezou en "A Volta do Agro" (Lugo) con tan só 11 anos e foi onde deu os seu primeiros pasos e se familiarizou coa gaita galega por primeira vez.
Despois de dous anos, e xa na escola de música de Aulos, tivo como profesor ao mestre Bruno Villamor, integrante do grupo Caldaloba e un dos grandes gaiteiros de Galiza; alà pasou 4 anos preparando o grao elemental, aprobandoo no conservatorio de Vilalba (Lugo).
Acto seguido matriculouse no conservatorio de Fingoi (Lugo) onde fixo o grao profesional de música como pupilo de Pepe Vaamonde, un dos pesos pesados do mundo da gaita, do cal segue aprendendo actualmente.
En canto á vida "extraoficial", percorreu varios estilos musicais, interesandose por outro tipo de instrumentos de vento como os whistles irlandeses, as frautas de pico, a traveseira ou mesmo a ocarina.
Durante 3 ou 4 anos foi integrante da Asociación Sociocultural Mencer (Castro Ribeiras do Lea (Lugo) ou mesmo estivo presente na inauguración da banda de gaitas de Cantigas e Frores (Lugo), nestas duas ocasións tamen con Bruno Villamor.
Debutou como integrante de grupo musical en "Con Letra Pequena", facendo música de autor combinada con varios instrumentos, conseguindo un caracter distintivo de outros grupos.
Durante este tempo, probou estilos como o folk e o rock. No primeiro estivo no Grupo Folk do conservatorio de Fingoi, grabando un cd e facendo varios concertos con eles. No bando do rock, estivo durante ano e medio en Arrhythmia como frautista e dando un par de concertos con eles.