Malvela profile picture

Malvela

"Da miña xanela á túa" xa á venda - [email protected]

About Me


O grupo Malvela xurdiu a partir dun cursiño de cantos populares dirixido pola cantante Uxía Senlle. O que nun principio foi unha actividade cultural, convértese nunha paixón continuada coa idea de rescatar e transmitir as cancións que gardaban na súa memoria. Tras dous exitosos traballos, “Que o pano non me namora” e “O Aghinaldo”, agora volven con novo disco, “Da miña xanela á túa”, traballo que sen dúbidas pode ser o da consagración do grupo.
“Da miña xanela á túa” é un disco baseado no repertorio tradicional galego e do norte de Portugal, aínda que tamén na canción de autor. Gravado nos estudios Casa de Tolos coa produción de Segundo Grandío e Uxía Senlle, o traballo consta dun CD con 15 cancións, con temas como “O Trébol”, “A gota d..agua” ou “O Pirimpimpín”, cos que de seguro farán bailar ó seu público. Asimesmo, o disco leva un DVD con dous vídeoclips, un documental e un “como se fixo”, o que fai de “Da miña xanela á túa” un traballo moi completo e elaborado.
Malvela veñen dispostas a seguir divirtíndose coa música e a demostrar que a idade non é un impedimento para contaxiar a súa ledicia.

My Interests

Music:

Member Since: 2/21/2008
Band Website: malvela.com
Sounds Like: Videoclip "O Pirimpimpín":

Videoclip "A gota d'auga":

Record Label: Pai Música
Type of Label: Indie

My Blog

Malvela en Ortigueira

A xornada de apertura do XXXº Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira contará nesta ocasión coas mulleres cantoras de Sanguiñeda: Malvela actúan este xoves, 10 de xullo, no Escenario Estre...
Posted by Malvela on Tue, 08 Jul 2008 03:23:00 PST