About Me
3AZOTEAS: A pelÃcula.-
3Azoteas ten como única pretensión darlle cabida ás inquedanzas musicais colectivas dos seus integrantes, tomando o jazz como punto de partida, pero dende unha perspectiva aberta, sen prexuÃzos nin imposicións estilÃsticas ou compositivas. O nome do grupo pode verse como unha alegorÃa do que implica como elemento construtivo; tres azoteas decoradas, organizadas e amobladas dunha forma diferente, pero integrantes do mesmo edificio e por tanto ensambladas dentro dunha construción e duns parámetros arquitectónicos similares. Este encontro musical, esta sorte de comunidade de veciños creativa, tenta facer un compendio dos gustos e experiencias musicais dos seus inquilinos para dar lugar a un proxecto no que a música se estenda como un fluÃdo por riba das estruturas.-------------------------------------------------
---------------------------------------Pablo Pérez ten unha bagaxe ampla e aberta como instrumentista e como compositor. Estudou con músicos como Daniel MartÃnez, Cecilio Morales, Quique Alvarado, Paco CharlÃn, Kin GarcÃa, Dalibor Sebestnik e Alfonso Morán. Compuxo música para curtametraxes como “Tauromaquia†ou montaxes teatrais como “O Navegante†de Chévere. Neste mesmo ámbito é contrabaixista de directo da compañÃa Berrobambán. A súa música pode escoitarse en documentais, programas de televisión, spots comercias de tv e radio e videoxogos. A súa actividade instrumental pasa por diversas formacións de música tradicional como “FÃa Na Roca†ou “Xúaâ€, sendo nesta última tamén compositor e arranxista.-------------------------------------------------
------------------------------------------ Iago Mouriño formouse inicialmente como pianista clásico, combinando ou seus estudos de Grao Medio cos seus primeiros pasos na música moderna. Formouse con músicos como Xavier Constenla e Carlos Calviño e actualmente é estudiante do Conservatorio Superior de Música de A Coruña. A súa actividade musical uniuse á teatral como compositor e guionista da compañÃa Teatro Secundario e colaborador habitual na montaxe de espazos sonoros para a Escola Municipal de Teatro de LalÃn. Compuxo música para spots asà como guións e fondos sonoros de radionovelas e programas diversos de radio, ademais de tocar ou gravar con grupos de pop-rock como “Heissel†ou “Gloomy Houseâ€, facer colaboracións co Conservatorio de Música Tradicional e Folque de LalÃn ou formar parte de grupos de jazz como “Tres Tria Triumâ€, “Telegraph Vadis†ou “DinA4â€.------------------------------------------------
---------------------------------Miguel Queixas é un baterÃa formado en diversas escolas tales como "Escuela de Músicos", "Escola Municipal de Música de A Coruña", onde coñece ó seu mestre e amigo Miguel Cabana sendo esta unha persoa clave para o seu desenrolo musical e persoal, e actualmente no Conservatorio Superior de Música de A Coruña na súa especialidade de Jazz. Amplia coñecementos en multitude de Seminarios de moi diferentes estilos como por exemplo o Seminario de Caixón Flamenco de Castelldefells (Barcelona), Jazz Rock Course Summer School Guildhall School of Musica and Drama (Londres), Seminario percusión Brasileira impartido polo percusionista Joao Bosco de Oliveira (E.M.M. A Coruña), III Seminario de Novas Músicas (Monforte de Lemos), etc..
Son moitas as formacións polas que pasou ou cas que colaborou, destacando entre outras a Big Band do Conservatorio de Carballo, Big Band do Conservatorio Profesional de A Coruña, Coruña Big Band, Carmen Rey Grupo, Xabier Diaz Sexteto, Pepe Evangelista Quinteto, Roberto Somoza Cuarteto, Luar Na Lubre, Vennue Conection,Vagamundos, etc..
No referente a traballos de estudio podemos atopalo nos discos Os Satélites ("Os Satélites" e "Os Satélites con Sito Sedes"), Nova Galega de Danza ("Alento" e "Engado"), Luar na Lubre ("Saudade" e "Camiños da fin do mundo"), Roberto Somoza ("Tempos de Cambio") Nani Garcia ("De Profundis"), etc...
Actualmente está inmerso en multitude de traballos, colaboracións e gravacións, e podémolo ver en directo con 3AZOTEAS, coa cantante CARMEN DOR, co cuarteto COOLBEAT e co grupo RADIOSÓNICA.Dende pricipios do 2005 forma parte de NOVA GALEGA DE DANZA, ca que representou os espectáculos ALENTO e ENGADO.