Nunha noite escura, camiño da Bretaña, nun autobus cheo de gaiteiros nace a primeira formacion dos Coes. Un grupo de mentes altamente cualificadas que decide mesturar a musica tradicional das nacions celtas co son distorsionado das guitarras da decada dourada do rock'n'roll, creando asi unha nova corrente musical: o xa internacionalmente coñecido sonido Coes.
O seu primeiro lanzamento "Resaca en Formaris" e un exito sen precedentes. Rapidamente temas como "Ei ven Martin Coes" ou "Furacan Daian" soan en todalas emisoras de radio, centos de adolescentes forran as suas carpetas con imaxes dos compoñentes do grupo, ningun deles pode sair da casa sen que o asalten clubs de fans descontroladas.
A conseguinte xira leva o sonido Coes por todo o mundo. Temas como "Tresillo" son grabados e versioneados ata en 7 linguas diferentes. Os Coes convertense no grupo de maior fama internacional, por riba de artistas da talla de "As Ketchup" ou "Os do Rio". Sen embargo o exito ten un prezo. Mozas, fama e fortuna fan mellla no grupo e comezanse a suceder os distintos cambios estructurais ata chegar a formacion definitiva de cuarteto.
Na actualidade o grupo esta encerrado no estudio preparando o que sera o seu proximo exito.
Mantervos a escoita...