Pandereteiras do Val da Maía profile picture

Pandereteiras do Val da Maía

Pandereteiras do Val da Maía ou Maianas

About Me

O grupo de Pandereteiras do Val da Maía nace sobre o mes de outubro de 2007 logo de que algunhas das que no seu día formamos parte do grupo de pandereteiras do Obradoiro de Música e Baile do Concello de Ames decidiramos emprender a nosa andaina en solitario. Ao amparo do Obradoiro, o concello de Ames decidiu gravar o noso primeiro traballo discográfico (que non está á venda), que presentamos no programa "Lume na Palleira", da Radio Galega, e baixo a excelente dirección de Emilio Españadero (moitas grazas polo teu apoio, Emilio), así como no programa "Comarcas", da Cadena Ser. Co obradoiro do concello amiense actuamos por distintos lugares de Galicia e tamén de España e Portugal, acompañando a outros grupos de danza. Agora, nesta nova e ilusionante etapa, xa actuamos no "Serán" que organizou o concello de Valga dentro do 1º Festival Interxeracional, nas actividades de Entroido da Asociación Pedra do Fuso (que ben o pasamos esa tarde todas revestidas e juapirmas), e nos actos de celebración do día do libro, que organizou o concello de Ames o pasado mes de abril. Tamén decidimos probar sorte no concurso "Cancioneiros", que organizou a Fundación Barrié, e tamén na sección de pandeireta do concurso de Xiradela pero non tivemos sorte. Agora continuamos preparando repertorio novo para as actuacións que vaian saíndo pouco a pouco porque ganas temos moitas, e queremos demostrar o que sabemos e o que valemos.

My Interests

Music:

Member Since: 5/5/2008
Influences: Sentímonos influenciadas por distintos grupos de pandereteiras, fundamentalmente, pero sobre todo polas Leilía e Faltriqueira, aínda que non nos esquecemos de Carlos Núñez, de quen arranxamos un tema que foi o que nos empurrou algo cara arriba. Pero, tal e como pón na nosa galería, a nosa fonte de inspiración máis grande foi SEÑORA HERMINIA, a quen, aínda que desde hai tres meses non está con nós, sempre recordaremos desde aquela recollida, e moi especialmente desde a celebración do seu 100 aniversario (DEP).
Sounds Like: Como quen ou como que soa? Pois...é complicado, pero aínda que o noso son poida recordar a algún grupo, cremos que soa a PANDERETEIRAS DO VAL DA MAÍA, que soa a MAIANAS!!!! Cos nosos pros e os nosos contras, pero soa a nós, simple e llanamente.
Record Label: Sin contrato discográfico
Type of Label: None

My Blog

ACTUACIÓN NAS FESTAS DA PEREGRINA (PONTEVEDRA)

Boas a tod@s:Xa sei que é un pouco cedo para falar dunhas actuacións que imos facer a vindeira semana en Pontevedra das que aínda non sabemos as datas concretas pero é que hai que ir preparándovos par...
Posted by Pandereteiras do Val da Maía on Tue, 05 Aug 2008 10:47:00 PST

VISITA AO TREN DO VERÁN CON SEBI BARREIRA

Boas! Onte pola tarde, como publicabamos recentemente por estes lares, estivemos no programa "O tren do verán", da Radio Galega, e alí fomos entrevistadas por Sebi Barreira e tamén, oh!, sorpresa!!! A...
Posted by Pandereteiras do Val da Maía on Wed, 23 Jul 2008 05:39:00 PST

NOVA ENTREVISTA NA RADIO GALEGA

A pasada semana recibiamos unha nova moi, moi grata: o vindeiro martes, a partires das 19:30, as Maianas xunto con algunha das nosas nais, estaremos na Radio Galega, o que non sabemos é se vai ser en ...
Posted by Pandereteiras do Val da Maía on Tue, 15 Jul 2008 03:06:00 PST

FESTA RACHADA POLO SAN XOÁN!!

Canto tempo sen escribir! Iso é o que ten andar case sen tempo libre. Bueno, aínda que estamos sen fotos (aínda que quizais só sexa cuestión de tempo) o pasado sábado 28 de xuño unha pequena represent...
Posted by Pandereteiras do Val da Maía on Tue, 15 Jul 2008 02:25:00 PST

AS MAIANAS NA INTERNET

Boas de novo a tod@s que nos len:Ahí van algúns dos links nos que se fala (ou se falou) de nós na rede:http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/01/03/5422 943.shtmlhttp://tierrasdesantiago.es/index...
Posted by Pandereteiras do Val da Maía on Mon, 16 Jun 2008 04:09:00 PST

ALGO DE NÓS

Boas:Acabamos de colgar unha das nosas cancións máis persoais porque a foto xa o di todo; esta é a peza que recollemos de señora Herminia (D.E.P.). Xa contaredes que tal....
Posted by Pandereteiras do Val da Maía on Tue, 03 Jun 2008 03:12:00 PST

Pequena historia nestes 6 meses

Somos as Pandereteiras do Val da Maía, ou Maianas, como é o noso xentilicio, e como máis nos gusta que nos chamen.Nesta nova etapa, xa fixemos algunhas cousiñas: saímos nunha pequena reportaxe do "Tie...
Posted by Pandereteiras do Val da Maía on Tue, 06 May 2008 03:44:00 PST

PRIMEIRA ACTUACIÓN OFICIAL NO CONCELLO DE AMES

Hoxe realizamos a primeira actuación oficial para o Concello de Ames. Foi unha actuación diferente. Non estaba Lidia e Inés estaba como un auténtico flan. Non saímos moi contentísimas coa actuación pe...
Posted by Pandereteiras do Val da Maía on Sat, 31 May 2008 12:10:00 PST

XA TEMOS NOME LEGALMENTE!!!!!!!!!!!!!!

Hoxe recibimos a certificación oficial do noso nome!!! Desde hoxe xa somos MAIANAS!!!! Que ilusión, logo dos esforzos, pouco a pouco van chegando as recompensas.
Posted by Pandereteiras do Val da Maía on Sat, 31 May 2008 12:07:00 PST

A NOSA ANDAINA EN SOLITARIO

Logo de varios anos pertencendo ao Obradoiro Municipal de Música e Danza do Concello de Ames, decidimos que chegou a hora da independencia. Sabemos que agora vainos ser máis complicado pero imos loita...
Posted by Pandereteiras do Val da Maía on Sat, 31 May 2008 11:54:00 PST