djela profile picture

djela

Dj Ela

About Me

A música forma parte da miña vida dende que era moi cativa... os comezos, beatles "a capella" para durmir a sesta só con tres e catro aniños, (obrigada a Licha e o seu perfecto "inglés británico"). As polifonías aparecen en familia, (pai e mai, meus amores!. O mellor folk galego a catro voces). Tiñamos cobertos case que os catro paus, así que os pais e as/os irmáns me ensinaron a escoitar, afinar, e cantar!!. Na infancia e de rapaza, oíase todo tipo de música na casa. Principalmente a que escoitaban miñas irmás, dende Bowie ata Janis Joplin, Supertramp, as óperas de Verdi e o barroco de Bach... e moreas de calidade. Xa na xuventude, os 70, a psicodelia, o rock progresivo... (ghato!, que me abriu ó free, obrigadísima meu!). Agora, declárome melómana de pro. Non podo aturar a vida sen música, sen cantar, sen a banda sonora do día a día. Estudo sempre que podo coas miñas congas e os cachivaches varios. Tamén me lanzo a pinchar dende fai uns cinco anos. Nas miñas sesións, música de calidade do latin, afros, brasil, soul, jazz... dende os anos 50 ate hoxe en día. E por encima de todo. Música ao vivo!!. Teño que acodir a lo menos a uma cita en vivo na semana. Isto forma parte da miña verdadeira visión do ocio e do disfrute dos meus sentidos.Vémonos pronto! Beijos, e obrigada por ler. ELA, maig 2008 BCN

My Interests

Music:

Member Since: 5/13/2007
Record Label: unsigned
Type of Label: None