O universo do cine negro é, no fondo, un universo de pesadelo. Algúns logran fuxir dese mal soño no último momento e regresar á relativa normalidade. Outros, coma Lolita Castañer Ravas-nacida en Córdoba no 1931,gran cantante e nai amantÃsima-(Iria Pinheiro,actriz), permanecen nel toda unha vida, rodeada de malas compañÃas ,coma poden ser un teclista:Han, 1,98m de estatura,que tamén é de Córdoba.(Manuel SantamarÃa, pianista profesional,compoñente de Los Seres Queridos). Unidos baixo o nome de Détour,inspirado na pelÃcula homónima de baixo presuposto do ano 1945, percorren as salas e cafés-concerto da Galiza e Portugal, ademáis de ter actuado nos principais teatros galegos(GarcÃa Barbón-Vigo, Teatro Principal-Compostela, Gustavo Freire-Lugo) e terse atrevido con varios institutos e congresos do máis variado ,ofrecendo un espectáculo lamentable cheo de testemuñas reais e confesións de amor e desamor(que,aparentemente,a ninguén lle interesan) cuio epicentro é un variado repertorio de temas propios en galego(dos que xa son mÃticos: Violoncello, Divain e Bossa Tranca), ademáis dunha xenerosa lista de versións de temas roubados ós grandes do jazz ou do swing. O mellor,ou peor, de todo e que este desfile de “desgracias†vai acompañado por un vestuario estilo anos corenta(entre gánster e berlinés...) e unha serie de coreografÃas e movementos escénicos que resultan beneficiosos para a saúde do que os observa. Se despois de leer isto a vostede todavÃa lle quedan gañas de velos só ten que poñerese en contacto(mail:
[email protected]).