KELTOI! profile picture

KELTOI!

ANTIFASCIST OI! FROM GALIZA 1995 - 2005

About Me

BIOGRAFÍA:

Keltoi! (Celtas en grego) formárono en Vigo a finais de 1995 catro mozos galegos seguidores do “Street-Rock & Roll”, tamén chamado “Oi!”. Da unión distes dous conceptos (musica da rúa e cultura galega) xurdiu o nome dun grupo pioneiro en tocar en Galiza e no noso idioma un estilo de Punk que abandeiraran uns anos antes bandas inglesas coma “Cockney Rejects”, “Sham 69”, “Red Alert”, “The Business” ou os irlandeses “Stiff Little Fingers”.

Malia que anteriormente no mesmo Vigo xa houbo quen se veu puntualmente influenciado por iste estilo “oi!” - coma Desvirgheitors nos oitenta ou Skacha e Disturbio´77 nises mesmos anos noventa - , foi cicais Keltoi! O grupo galego que máis claramente apostou por iste estilo de Punk-Rock daquela tan orfo de bandas e seguidores no noso país.

A primeira formación sería a composta por Pablo (voz), Dani (baixo), Kino (guitarra) e Sime (batería), e con ella Keltoi! foi dando os seus primeiros pasos nun ensaios bastante caóticos i etílicos onde xurdían temas propios e as típicas versións de consagrados grupos estatais coma Decibelios. Cando as cousas semellaban comezar a funcionar, Pablo ten que deixa-la banda ao marchar a vivir fóra de Galiza. Tras semáns de probas i experimetos entran dous novos compoñentes en Keltoi!, istes non serían outros que o donostiarra Joselu e o Italiano Mikele ás guitarras. A formación completába-se con Kino, (dista volta á bataca), Dani (baixo) e Sime (voz).

Con ista formación xa consolidada Keltoi! Perpetra o seu primeiro concerto no mítico pub “Rass” do casco vello vigués, un día das letras galegas de 1996 xunto aos Diplomáticos de Montealto. Un ano máis tarde, un dos seus temas (“Galeg@s”) aparece no recopilatorio de apoio aos/ás pres@s independentistas galeg@s “Oito anos de secuestr@s” (Sosn De Luita), e uns meses máis tarde, o que ía se-la súa primeira maqueta ve por fin a lus en formato CD baixo o título “CASCO VELLO” (Bronco Bullfrog Records).

Malia baixa calidade de son, iste primeiro disco de Keltoi! Ten moi boa aceptación e a banda comeza a ser coñecida por Galiza e fóra da nosa terra, colleitando boas críticas en fanzines e revistas de rock coma o suplemento musical do Egin “Bat, bi ,hiru” ou mesmo a coñecida Maximum Rock and Roll nos USA.

Paseniñamente a banda vai-se asentando i é reclamada para tocar tanto no país coma fóra del en concertos coma o “Iº Oi!, Ska & Reggae Meeting” (Xixón – Asturies). Cando a banda está máis activa e actúa moi a cotío compartindo escanrio con xente coma Malarians, Los Milicianos, Skarface, Xenreira, Skacha ou Oi! The Arrase (istas últimas, bandas coas que Keltoi! ten especial amizade) é cando Sime ten que marchar traballar a Dublín e Keltoi! Sufre un novo parón.

Mediado o ano 2000 o Sime regresa a Galiza e o grupo retoma o traballo volvendo a tocar e grabando catro temas prao recopilatorio de bandas galegas “ESTADO DE SITIO” (Janie Jones Records). Os seguintes anos son cicais os de maior continuidade do grupo e o número de concertos e seguidores medra, sobre todo entre os amantes da cultura Punk e Skinhead en Galiza e noutras nacións do estado. Keltoi! Sae entón a tocar varias veces por Castela e Euskal Herria (xunto a Skacha), e comparte noites de concerto e esmorga con bandas tan admiradas por eles coma Dropkick Murphys, Thug Murder, Frontkick ou The Real Mckenzies.

Mais non todo dura eternamente. O feito de tocar Mikele tamén con Soak (sustituído brillantemente por Gontxu) e Kino con Skacha, os diferentes curres e as responsabilidades (ou irresponsabilidades) restaron tempo e adicación aos membros da banda e Keltoi!, aos poucos, vai esmorecendo. En xaneiro do 2005, cun entrañábel concerto de despedida xunto aos berlineses FrontKick , Keltoi! Colga as botas.

Durante istes dez anos na rúa, Keltoi! Nunca se escondeu ao definirse coma unha banda oi! Antifeixista e Antirracista , e tampouco negou o seu vencello oa seu equipo de fútbol (Celta de Vigo). Nos seus concertos eran frecuentemente seguidos polo sector máis nacionalista, festeiro e borrachuzo da mocidade celtista.

Alén do amor por isas cores, os Keltoi! nas súas letras sempre tentaron reflecti-las rebeldías e inquedanzas da mocidade galega da súa xeración, alén de tocar outros temas coma a loita da clase obreira, a represión policial, as esmorgas, a cultura Skinhead, a súa terra e o seur mar...

Malia estar “oficialmente” mortos, os Keltoi! Non están de todo soterrados e dende 2006 o grupo está a compilar a gravar temas que nunca foron editados, co gallo de poñer digna despedida a 10 anos de esmorgas, ensaios, concertos, paróns, bos e malos momentos, e sobre todo a 10 anos de oi! Feito en Galiza.

A boa experiencia dista nova grabación cicais consiga que a chama prenda de novo e a despedida de 2005 non sexa máis que un deicalogo!!!

Ao tempo...

Keltoi! (2007)

DISCOGRAFÍA:

1998. C.D. “Casco Vello” ( Bronco Bullfrog Records)

Recopilatorios:

1997. Un tema no recopilatorio “Oito anos de secuestr@s” (Sons de Luita)

2000. Un tema no recopilatorio “Sonidos de la Calle. Vol. 1” (Bronco Bullfrog Records)

2000. Tres temas no recopilatorio “Oi! Um Grito de Uniao Vol. 3” (Rotten Records)

2001 Cinco temas no recopilatorio “Estado de Sitio” (Janie Jones Records)

My Interests

Music:

Member Since: 4/10/2006
Band Members: SIME - VOCALS DANI - BASS/VOCALS MIKELE - GUITAR JOSELU - GUITAR/VOCALS KINO - DRUMS/VOCALS
Influences: Cockney Rejects, RC. Celta, The Clash, Blitz, Cicatriz, Estrella Galicia, Desvirgheitors, Stiff Little Fingers, Fuxan os Ventos..
Record Label: DiY
Type of Label: None

My Blog

Entrevista da rede

TURRONEROS CREW
Posted by KELTOI! on Sat, 23 Sep 2006 09:22:00 PST