mono: ruÃdos, sons, notas, armónicos, frecuencias que converxen nun punto. Partimos de calquera estilo, tanto ten, coma primates gústanos xogar, imitar, tocar, saborear, descubrir o que sae da nada, experimentar. E sentir, transmitir: enerxÃa, sensualidade, alegrÃa, saudade...
Meet - atoparse, coñecerse: gústanos mesturar e remexer: a forza do rock, o sensual e rÃtmico do funk, a elegante chulerÃa de Frank Sinatra, o xenio do jazz, a intimidade do tu a tu da bossa nova. Os sons atópanse, e suxiren algo máis alá, coma unha orde interna, para realizala os monos estamos dispostos a atoparnos, recoñercernos.
Music - música: monkey meets music, o mono atópase coa música. E daquela os monos de MMM póñense a traballar buscando a sinerxia entre os ritmos que nos fan mover os pés e os cadrÃs, as armonÃas que envolven os corazóns e as melodÃas que fan á imaxinación voar. Sempre dende a humildade (a ver a que soa isto?), procuramos facer o que tradicionalmente coñecemos por "cancións".
Compoñentes de monkey meets music:
MARK WAGENMANS (Bateria)
NANDO VUDU (baixo) e SAGAR (contrabaixo na demo Summerfields)
ANTONIO DOMINGUEZ "TOTO" (Guitarras)
ADRIAN FACHAL (Saxo)
J. ORTEGA "AMERICANO" (Guitarra e Voz)
Nun primeiro momento o repertorio de Monkey Meets Music xiraba entorno a versións de MPB e temas propios asà como largas sesións de improvisación. Establecen o seu local de ensaio nas instalacións das que dispón a asociación cultural Musiquina na AAVV Monte da Mina en Vigo. No 2008 deciden trasladarse aos estudios Metrópolis onde finalmente graban o seu primeiro traballo a demo "Summerfields".
Actualmente, co novo local de musiquina xa acondicionado, voltaron ao redil e atópanse inmersos na minixira de prmavera que comezou o 21 de Febreiro no SalaSon de Cangas e os levará por Vigo (28Marzo no Contrabajo), A Coruña (3Abril no Jazz Vides), Nigrán (17Abril no Bar Patos) e Ramallosa (16M no Clandestino).