Enuma Elis profile picture

Enuma Elis

Enuma Elis

About Me

A historia de Enuma Elis remóntase a 1999 cando eu, DFV aka Enlil. case por casualidade comezara a fedellar nun programa de PC para fabricar música. O nome do programa era Impulse Tracker 2.14. Este tracker basease en mods e está sostido polo sistema operativo xa obsoleto MS-DOS. Por aburrimento e máis tarde por intentar demostrarme a min mesmo que era capaz de crear música , acabei por pelexarme con el para exprimirlle todo o que podía dar, tanto el coma min. Así pois, logo de experimentar e irlle pillando ganas crecentes surxiron os primeiros temas case borrados ó instante por non crer que tiñan suficiente calidade. Ata que chegou a primeira canción por aló de outubro de 1999 denominada “I” por dúas sinxelas razóns; número 1 en romano, e significa “eu” en inglés. Logo de seguir experimentando e deixando unhas cantas cancións desa época na recámara, por considerar que non eran máis ca experimentacións que cancións en sí, chega en 2003 o primeiro CD, autotitulado, de pouco máis de 1 hora de duración e de case absoluto consumo propio.. solamente fixen 5 copias que regalei a amigos. Os discos de Enuma Elis son conceptuais nunha visión global.. “Enuma Elis” o disco, está basado na mente. En 2005, o seguinte disco. “Albor Bizarro”, 10 cancións nun total de 50 minutos, anteriores ás do disco do 2003 (o disco fora rematado no 2001). Apeteceume recoller e retocar as que eu consideraba máis válidas, creando un disco no que o tema era o ciclo da vida. En 2006 "dou luz" a “Obscura Epica”, o meu último traballo. 10 temas en pouco menos de 1 hora. A pesar de que pasou xa moito tempo desde 1999 no que empezaba a traballar no Impulse Tracker, non me quixen poñer con outros programas máis recentes case que por vagancia, xa que me costara manexar aquel un tempo considerable. Os que saen actualmente parecen moito mellores en canto a posibilidades e son, pero como o meu proxecto é puro entretemento egoista e nada serio, decidín seguir a “divertirme” creando con esa “lata vella”. A consecuencia desto é o pobre nivel de son, baixo a miña visión, xa que “sona a ordenador” polos catro costados, sobre todo o referente ás guitarras eléctricas. Pero eso é algo que non me importa, a proba é que tiven máis nivel de aceptación entre coñecidos con este novo CD, do cal xa levo unha tirada de 15 copias só para amigos (por suposto sen remuneración pola miña parte). Personalmente, Obscura Epica é o compacto do que estou máis satisfeito, creo que denota unha maior experiencia e mistura do que máis me gusta: sonidos rápidos con lentos baixo un espectro de “metal epicomelancólico”. O tema conceptual deste último CD é a noite. Entre o último feito, "Delirium Tremens" (2008), está "Lúa de Decembro" (de Setembro do 2006, segue sendo a última creación), que pasa a formar parte dun EP con esa canción e outras antigas eliminadas dos anteriores discos ou incompletas. Agora mesmo, e por problemas técnicos a historia de EE está anclada, pero gustaríame de seguir nun futuro con novas composicións sempre intentando mellorar e evolucionar. En canto o estilo compositivo de Enuma Elis poderíao denominar como “Dark Metal Progresivo Instrumental”, pero non é algo que me coma a cabeza buscar un nome para a miña forma de facer música. As miñas principales influencias pasan desde o heavy e thrash metal (desto máis ben fai uns anos) ata a vena máis extrema do metal; Death, Black, Doom, e tamén Gothic e Metal Progresivo. E incluso contaría tamén nas influencias á musica clásica e algo de Pop-rock e New Age. Como se pode ver, non teño uns gustos definidos nun estilo, pois case que recollo unha parte da música bastante amplio, prestando especial atencións ós ramais máis extremos do metal europeo e sinfónico/orquestral. Así poido contar como pais directos de son a Dimmu Borgir, Behemoth, Nightwish, Evergrey, Dream Theater, Bal-Sagoth, Susperia, Blind Guardian, Children Of Bodom, Arch Enemy, Therion, Arcturus, Hollenthon, Rhapsody, Paradise Lost, Rotting Christ, Moonspell, Cradle Of Filth (old), Sirenia,..bandas sonoras épicas e de terror coma as que Basil Poledouris fixo con Conan o Barbaro e Conan o Destructor, Kilar con Dracula, John Williams ou Danny Elfmann,...Por suposto, se alguén está interesado en ter unha copia, que contacte conmigo, non cobro máis de 18'95 ;) Eso si, con púa dunlop incluida mais firma exclusiva, unha ganga, vamos! ;D

My Interests

Music:

Member Since: 5/12/2008
Band Website: enumaelis.blogspot.com/
Band Members: Enlil - All Intruments
Influences: MELANCOLIA EPICA Dimmu Borgir, Behemoth, Nightwish, Evergrey, Dalriada, Forefather, Obtest, Machinae Supremacy, Mercenary, After Forever, Dream Theater, Haggard, In Flames (old), Phlebotomized, Dark Tranquillity, Bal-Sagoth, Children Of Bodom (old) Susperia, Blind Guardian, Children Of Bodom, Arch Enemy, Therion, Arcturus, Hollenthon, Rhapsody, Paradise Lost, Rotting Christ, Finntroll, Moonspell, Cradle Of Filth (old), Sirenia, Tristania, Soundtracks (Basil Poledouris, Kilar, John Williams, Danny Elfmann... ) New Age 80's Pop-rock
Sounds Like:
Record Label: Sin contrato discográfico
Type of Label: None

My Blog

My tops from 2000 till now

2007 - Top 2501 - Therion - Gothic Kabbalah02 - Dark Tranquillity - Fiction03 - Nocturnal Rites - The 8th Sin04 - Paradise Lost - In Requiem05 - Mors Principium Est - Liberation Termination06 - Ensife...
Posted by Enuma Elis on Sun, 08 Jun 2008 07:01:00 PST

:)

http://anvil.nnm.ru/enuma_els_obscura_epica
Posted by Enuma Elis on Tue, 20 May 2008 08:43:00 PST