Angazo:
Ferramenta agrÃcola tradicional, orixinariamente elaborada integramente en madeira e que consiste nunha travesa mangada sobre a que se insertan varios dentes (8 ou 10) algo aguzados e que serve para rastrelar e amoreirar follas, herba, palla, etc. Tamén denominada anciño, ancazo, enciño, engazo, rastrelo e rastra.