Tabla de contactos en Español - joombly.comAtaque Escampe gostamos de nos definir como rock de serie B porque partindo dunha instrumentación sinxela ofrecemos unha proposta musical que trata de ser sólida e autónoma, encadrábel nunha traxectoria antivirtuosa practicamente inédita na Galiza, na xenealoxÃa que se poderÃa trazar desde Neil Young até Violent Femmes pasando por Jonathan Richman, estendendo estraños tentáculos que rozasen, por exemplo, a Xil RÃos. O rock de serie B é un xeito de entender a música que abrangue un inxente abano de xéneros, dende o bolero ao punk, pasando polo vals, o tango, a canción popular galega, o country, o fox-trot, o rock ou a rumba. O funcionamento como grupo sen destacar autorÃas, o emprego do galego como única lingua e a reciclaxe de músicas malditas completan a nosa filosofÃa: o "do it yourself" máis brutal, poético e desvergonzado que poida caber nun formato maioritariamente acústico.Levamos en pé dende finais de 2001 (cambiando ás veces a formación e apoiados en numerosos colaboradores) e estamos dispostos a seguir camiñando até conquerir o cambio climático da Galiza. O que pasa é que a este ritmo igual nos xubilan prematuramente.Temos editado o EP "Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos" (2007) e o disco longo "Galicia es una mierda" (2008) n'A Regueifa Plataforma, netlabel dende o que se poden descargar ámbolos dous traballos de balde. "Galicia es una mierda" tamén está editado comercialmente no selo A Regueifa Discos.CONTACTO:[email protected] Tfno: 652172845
Myspace Layouts - Myspace Editor - Image Hosting