BALAKANDRA nace en San Sadurniño a principios do ano 2004 no seo do grupo Saraibas froito das inquedanzas musicais de varios dos seus membros que trataban asà de dar renda solta ós seus coñecementos de outros estilos e técnicas musicais.
Co “parón†do grupo Saraibas, a idea de Balakandra comeza a tomar forza e a asentarse como grupo. Nesta primeira formación estaban MartÃn Sanjurjo, "Farru" RodrÃguez e Juanjo Porta.
No ano 2004 Balakandra presentase ó concurso “GALIZA SONS FOLK†alcanzando a final do concurso e grabando asà un disco conxunto cos outros dous finalistas.
Durante os anos 2005 e 2006 tocan por gran cantidade de concellos, salas e festivais de Galiza.
A principos do ano 2007 Juanjo ten que abandonar o grupo, pero MartÃn e Farru seguen adiante con Balakandra incorporandose Manolo Dopico, o que fora guitarrista de grupos coma Leixapren e Maria Manuela.
Na primavera do 2007 entra a voz de Amparo Calvo, membro de Saraibas, e no outono incorpórase "Dubi" Lamas ó baixo.
Xa coa nova formación asentada Balakandra volta á carga e están a preparar un longo 2008 no que pasearán a súa música por toda Galiza coa mente posta na grabación do seu primeiro disco.
A súa música:
Dificil serÃa poñer unha etiqueta ao que nos ofrecen Balakandra, nas súas cancións mistúranse o rock co jazz, o pop co bluegrass, o blues co chachacha ou country e mesmo atÃsvanse algunhos ritmos balcánicos, todo isto pasado por un filtro de folk galego. Os concertos de Balakandra non deixan indeferente a ninguén atrapando ao público nesta viaxe polos sons do mundo.
Balakandra son:
MartÃn Sanjurjo: Mandolina, Guitarra Midi, ViolÃn, Dobro e Voz.
Farru RodrÃguez: BaterÃa, Percusións, Acordeón e Guitarra.
Manolo Dopico: Guitarra acústica e española, Mandocelo e Voz.
Amparo Calvo: Voz e Percusión.
Dubi Lamas: Baixo.
Myspace Layouts - Image Hosting - Comments