Vitor profile picture

Vitor

About Me

VITOR PVítor Pumariño naceu en Mondoñedo alá polo ano 80 e á curta idade de 12 anos terá o seu primeiro contacto coa música electrónica, da man dos programas televisivos Ponte las pilas e Leña al mono que es de goma, e máis tarde será o programa radiofónico It..s your time quen fará que o seu interese pola música de baile pase a ser parte esencial da súa vida . Comezará a sentirse seducido pola musica de Kraftwerk ou Depeche Mode e pouco despois polo emerxente eurobeat e italo dance. Así terá a súa primeira residencia con 16 anos no Disco Pub A Sala de Mondoñedo, no que mezclará todo tipo de música electrónica e intentará crear unha pequena escena mindoniense coa creación das noites temáticas A Sala House Café, que durante varios anos impulsará a outros dj..s mindonienses.Tamén terá unha faceta como redactor de portales de mú..sica electrónica como zonadance.com ou valemusic.dj, así como da publicación Freeclubb Magazine.Evolucionará cos tempos a traves de toda a vertente do house, desde tribal ata deep house, pero sempre co bo gusto como denominador común. Tras deixar a residencia en A Sala despois de 8 anos, chegará a Santiago e seguirá mantendo vivo o contacto coa música electrónica pinchando en varias raves, en diversos clubes da cidade como Le Club ou Nao Berlin e no festival Fahrenheit Dj Sesions contra o lume, e mais recentemente no clube ponferradino La Escandalera.Na actualidade o seu esquema musical está a medias entre o micro house europeo e o minimal tech de novo cuño e na súa maleta nunca faltan sellos como Wagon Repair, Resopal, Compost, Sonar Kollektive ou Cadenza.

My Blog

Ardell&Beats

http://ardellbeats.wordpress.com/
Posted by on Tue, 29 Dec 2009 05:08:00 GMT