About Me
Le Glamour Grotesque é o novo proxecto musical do Dr. Painkiller. No álbum, “Dangerous Club†o doutor contou ademais coa colaboración de membros igualmente grotescos doutras bandas galegas como Tomás Axeitos de A CompañÃa do RuÃdo, Abraham “El Niño†de Lamatumbá, ou DenÃs Mutante e Manuel Payno de GalegoZ.
A súa proposta é unha mistura de techno, trip-hop, ambient, abstract hip-hop, drum n’ bass… tal diversidade de estilos e sensacións fai que sexa unha música ideal para acompañar calquer actividade: bailar, traballar na oficina, sachar na leira, cortarse as veas, facer “footingâ€, limpar a casa, construÃr robots xigantes, xogar ó pádel, preparar cócteis molotov, xogar cos gatos, facer rituais de Maxia e manter relacións sexuais (só ou acompañado).
Le Glamour Grotesque é unha ciber-feira de monstros, un circo lisérxico, unha tecno-orquestra demente que tanto pode adicar os seus temas ás revolucións mais fermosas coma ós mitos universais da imaxinerÃa pop (Godzilla, Harry o Suxo, monseñor Rouco… ).
Le Glamour Grotesque é unha célula autónoma do Perverso Colectivo, unha organización secreta que pretende lavar o cerebro á xuventude para acadar a dominación mundial, o colapso das relixións monoteÃstas, a destrucción da cultura occidental e a supremacÃa dos freaks. E todo isto, sen deixar de bailar.
Podes descargar os seus dous traballos “Vinte e cinco†e “Dangerous Club†de forma totalmente gratuita en www.aregueifa.net.